sábado, 7 de diciembre de 2013

O estilo Mariposa

Ola bloggeiros !! Hoxe imos deixar un pouco de lado os saltos e imos falar sobre un dos estilos máis complexos da natación , o estilo mariposa.

Vou comezar a explicar un pouco este estilo e a sua técnica.


O estilo mariposa, aseméllase ao estilo crol en que os brazos e as pernas móvense de forma similar, coa diferenza de que ambos os trazados se moven simultaneamente.
O batido de mariposa ou batido de delfín é o máis rápido dos catro estilos.Chámaselle batido de delfín  porque o movemento parécese ao dos delfíns. 




Posición do corpo:

Pódense identificar tres posición que o corpo adopta durante cada ciclo e que xogan un papel importante na redución da resistencia ao avance.

- O corpo do nadador debería estar o máis nivelado posible durante as fases máis propulsoras da brazada, é dicir durante o varrido cara a dentro e o barrido ascendente.

- As cadeiras deberían desprazarse cara arriba e cara a adiante a través da superficie durante o primeiro batido descendente.

- A potencia da segunda patada non debería ser tan importante que empuxase as cadeiras do nadador sobre a superficie. Isto afectaría ao recobro dos brazos. Os movementos ascendentes e descendentes do corpo do nadador non deberían ser esaxerados.



A coordinación:

Brazos - Pernas

 -Primeira patada descendente: O batido descendente da primeira patada debería comezar xusto no momento en que as mans entran na auga. O batido descendente continúa durante o varrido cara a fóra e debería completarse xusto antes de efectuar o agarre.

 
- Primeiro batido ascendente: O seguinte batido ascendente ten lugar durante o varrido dos brazos cara a dentro. Este movemento axuda a mellorar a hidrodinámica corporal durante esta fase propulsora da acción de brazos mentres se preparan as pernas para realizar o seguinte batido descendente.


- Segunda patada descendente: O batido descendente da segunda patada debería executarse á vez que o varrido ascendente dos brazos.


- Segundo batido ascendente: O seguinte batido ascendente ten lugar durante o recobro dos brazos. Esta acción realiza as mesmas funcións que o batido ascendente da primeira patada.
Leva as pernas cara arriba preto da superficie para colocar o corpo plano no momento en que nadador se está desacelerando. Tamén coloca as pernas en posición para executar o batido descendente da seguinte patada.




Acción de pernas:

O batido de  mariposa consiste nun batido cara abaixo ou descendente e outro batido cara arriba ou ascendente. Hai dous batidos de pernas cara abaixo por cada brazada, é dicir, por cada brazada de mariposa danse dous batidos de pés. O primeiro batido ocorre cando entran os brazos na auga; e o segundo, cando as mans empuxan cara atrás na fase de empuxe da brazada.



Acción de brazos:

A acción de brazos , pódese describir como unha acción simultánea dos brazos de crol cuxas fases constan de tres varridos diagonais e un recobro. Os varridos utilizados son o varrido cara a fóra, incluíndo a entrada e o agarre, o varrido cara a dentro e o varrido ascendente.





A respiración:
 
A  inspiración se realza antes de que as mans saian da auga e a cabeza debe baixar antes de que as mans entren na auga.




Saída:

As fases das que consta unha saída de agarre son: Posición de preparados, tirón, impulso, voo, entrada, deslizamiento e propulsión e saída á superficie.
Unha saída estará completada cando o nadador empece a nadar sobre a superficie da auga.



Para rematar deixo un vídeo dun grande;  Michael Phelps