Marcha atlética


A marcha atlética é unha modalidade do Atletismo que se diferencia do resto porque na súa execución non existe fase de voo, é dicir, o marchador en ningún momento perde contacto co chan durante o transcurso da proba. Isto obriga aos executantes a desenvolver unha técnica moi peculiar con bastantes diferenzas respecto da técnica usual de carreira. Por tanto vou  explicar os aspectos máis básicos desta singular técnica.






Técnica


Para o estudo da marcha, dividiremos as accións nas seguintes fases: Acción de pernas, Acción de brazos, Posición de tronco ,Cadeiras, Rodillas e Lonxitude e frecuencia de paso.

 

Acción das pernas 

As pernas son o verdadeiro medio de locomoción proporcionándose o avance pola acción das articulacións de metatarso e nocello que presionan sobre o chan para proxectar a cadeira adiante, e para estudar os movementos delas dividiremos o dobre paso nas seguintes fases:

  •  Dobre Apoio
É unha fase de execución obrigatoria pero de moi escasa duración na que os dous pés apóianse en contacto co chan. 

Perna Dianteira: Toma contacto co chan polo talón, e atópase xa estendida. O pé apóiase por diante do centro de gravidade do corpo, pero non o suficientemente afastado como para flotar. O contacto debe realizarse con suavidade, evitando así a acción de freado. Esta acción vese facilitada por unha amortiguación orixinado grazas a unha rotación da cadeira. A punta do pé forma neste instante un ángulo agudo en relación coa tbia.

Perna Traseira: Está a piques de despegarse do chan, do que só está en contacto mediante o dedo gordo do pé. O ángulo formado pola tibia e o pé é obtuso.

Se a acción das cadeiras foi correcta no seu avance, deberán atoparse nunha liña.





  • Tracción
Comeza cando apoia o talón e acaba ao alcanzar a perna a posición vertical e perpendicular ao chan. O contacto débese facer con total suavidade e coa parte anterior do pé levantada, a fin de ofrecer unha superficie máxima de 'desenvolvemento' do pé. O contacto, amortecido pola rotación da cadeira faise no eixo de progresión de maneira tal que se evite no posible a acción de freado. A elevación do pé prodúcese sobre todo pola acción do músculo tibial anterior. Nesta fase colaboran tamén o Cuádriceps (extensión da perna), os glúteos (estabilización da cadeira), e os Oblicuos do Abdome (rotación da cadeira).
  




  •   Relaxación
É o momento no que o centro de gravidade do marchador atópase sobre a vertical do punto de apoio. Neste momento hai unha aproximación de segmentos.

A planta do pé está en contacto co chan, a perna do mesmo lado totalmente estirada e bloqueada polo xeonllo, e a cadeira no mesmo plano que os ombreiros e máis elevada ao lado da perna de apoio.
 




  •  Impulso
No momento en que o corpo de gravidade pasa a vertical do apoio a mesma perna que realizou a fase de tracción, impulsa cara a adiante cunha marcada extensión do nocello, ao mesmo tempo que a perna contraria trata de pasar adiante con acompañamento da cadeira correspondente o máis rapidamente posible para volver apoio e iniciar novamente o ciclo.





Acción de brazos

Os hombros e as cadeiras deben traballar conxuntamente. A flexibilidade é de gran importancia nestas dúas rexións do corpo se queremos lograr unha boa técnica . Debemos ter en conta que a Potencia na Marcha se reparte a parte iguais entre as cadeiras e os hombros (non os brazos). A maior velocidade requírese maior acción por parte de ambas as zonas. Os brazos balanceanse e deben estar dobrados uns 90º, o que contribúe a imposibilitar o despegamento. Os brazos manteñense relaxados, pois pola contra provocan un estilo pouco económico que produce fatiga e perda de enerxía. Os brazos crúzanse parcialmente pola parte anterior, a uns 10 cm. do torso.



Posición de tronco e cabeza


A posición do tronco é case vertical cunha inclinación máxima duns 5º aproximadamente, que se produce no momento do adiantamento da perna que busca o contacto co chan, mentres que cando se atopa xa no dobre apoio o tronco volve máis á vertical .
 


Cadeiras

A adecuada rotación das cadeiras e o mesmo movemento das pernas, permiten non só colocar o pé no lugar preciso, senón tamén gañar unha certa lonxitude de paso. A rotación en si, prodúcese simultaneamente en dúas direccións: Horizontal( cara adiante ), e vertical ( por descenso da cadeira ). A rotación vertical non debe en ningún caso superar en amplitude, un terzo da horizontal.



 Aquí sinalo a posición das cadeiras e rodillas nas marchadoras
 Rodillas 
 
En canto as rodillas, para obter unha forza de apoio máxima, é imperativo tomar contacto en cada paso ca rodilla estendida. Iso lógrase mediante a tensión correcta da musculatura da perna, principalmente o Cuádriceps.








Lonxitude e frecuencia de paso

Ambas xogan un papel crucial na eficacia da Marcha e no rendemento consecuente do marchador. De diversos estudos en laboratorio inférese que a Marcha ideal conséguese a frecuencias de paso non superiores a 190 pasos/minutos, a partir das cales a marcha se faría irregular.



Aquí queda un vídeo para que vos fixedes na técnica destes marchadores.





Pois con todo isto queda explicado un paouco a técnica da Marcha atlética. Espero que vos servira de axuda !!



Bibliografía
 
-Wikipedia
-Apuntes de educación y atletismo
-You Tube

No hay comentarios:

Publicar un comentario