A continuación vou a realizar un
análise técnico sobre as carreiras de relevos:
As carreiras de relevos son
carreiras, normalmente formadas por catro integrantes ou máis, nas que cada
membro corre unha determinada distancia, para logo pasar un testigo ao seguinte
membro e así sucesivamente ata acabar a carreira.
Agora vou falar un pouco sobre as
distancias máis oficiais e que están dentro do calendario olímpico e dos
campionatos do mundo: Os 4x100 metros e os 4x400 metros.
4x100 m
O 4x100 e unha carreira e relevos
que consiste nunha proba na que se relevan catro corredores, nos que cada un
deles completa unha distancia de 100 m.
O primeiro deles sae da liña de
saída dos 400 m, mentres que o resto sitúanse nunha marxe de 20 m en cada
subdivisión de 100 m da pista. O testigo debe ser intercambiado dentro dos
límites desa marxe e para efectuar o cambio o máis rápido posible, o corredor
que espera o testigo comeza a correr un pouco dentro da marxe cando o portador
do testigo se aproxime. Este cambio
realizase cos dous corredores en carreira.
4x400
m
Os 4x100 m están tamén pertence á
modalidade de carreiras de relevos.
É moi parecida ao 4x100 m, pero cun
incremento na distancia a percorrer, xa que en está cada corredor dá unha volta
completa á pista, e ao completala cede o testigo ao seguinte compañeiro do seu
equipo do mesmo xeito que no 4x100 m, con excepción de que no 4x400 non existe
a prezona, é dicir, o corredor que recibe o testigo deberá acelerar na mesma zona de
transferencia do testigo.
No 4x100 m, cada relevista corría
cada posta pola súa respectiva rúa, pero no 4x400, o primeiro relevista corre
pola súa rúa, o segundo fai o mesmo, pero ao chegar ao final da primeira curva,
pode coller rúa libre, polo que os relevistas irán todos xuntos pola rúa que se
atopa máis ao interior. A partir de aí, os outros dous relevistas restantes
tamén irán por rúa libre e situaranse para recibir o testigo na primeira rúa en
función das circunstancias e da posición dos que levan o testigo en man e están
acabando de percorrer a volta completa.
No hay comentarios:
Publicar un comentario