* Análisis comparativo da técnica do estilo mariposa


Neste artigo vou realizar unha análisis comparativa sobre a técnica do estilo mariposa de varios nadadores.




Neste primer vídeo podemos ver que o primeiro nadador sumersexe máis na auga, realiza un correcto movemento lixeiro de ondulación mentres que o segundo nadador realiza un movemento ondulatorio demasiado esaxerado.

Na acción dos brazos o nadador de arriba entra na auga coas palmas das mans cara a fóra e o segundo nadador ao sumerxirse entra coas palmas mirando cara abaixo polo que esa acción está mal feita. Ambos os nadadores realizan o chamado ``ollo de pechadura´´  dos brazos correctamente, pero o nadador de abaixo reliza un movemento cara a fóra moito máis amplo que o nadador de arriba.




En canto á acción das pernas podemos observar unha clara diferenza xa que o primeiro nadador á hora de dar a patada realiza unha lixeira flexión de rodillas, mentres que o segundo nadador flexiona as rodillas demasiado, o que lle axuda a propulsarse mellor cara adiante.


Observamos a coordinación dos brazos e pernas e ambos os nadadores no momento de mergullar os brazos na auga realizan unha patada descendente, no batido ascendente os dous nadadores realizan cos brazos o movemento de tracción cara a fóra , na segunda patada descendente acaban a tracción e por último no batido ascendente sacan os brazos co fin de realizar o recobro.


Tanto o primeiro nadador como o segundo realizan a respiración cada dous ciclos. O primeiro nadador leva a cabeza máis profunda que o segundo que a leva preto da superficie da auga. E ambos os nadadores meten a cabeza na auga pouco antes que as mans.





Agora vou facer unha comparativa deste vídeo de Michael Phelps co vídeo dos dous nadadores anteriores.

Michael Phelps en comparación cos dous nadadores do anterior vídeo, e algo que chama bastante a atención, é que realiza a respiración cada ciclo no canto de realizalo cada dous. Comeza a inspirar antes de que as mans saian da auga e a cabeza debe baixar antes de que as mans entren na auga e é aí no momento que podemos ver como expira.

A posición do corpo non ondula, senón que debe describir unha traxectoria ondulatoria pero se nos fixamos no vídeo de Phelps flexiona demasiado a cadeira cara adiante o que fai que o corpo realice un movemento ondulatorio bastante esaxerado e leva a cabeza demasiado profunda.


En canto á acción dos brazos podemos observar ver neste víedeo o recobro do nadadador podemos e como entra cos brazos lixeiramente flexionados polos codos na auga, sendo as mans o primeiro que se pon en contacto coa auga. Ademais os brazos están rotados, cos codos cara arriba e as mans mirando cara a fóra. Unha vez que os brazos estran na auga realiza o movemento fóra, dentro, atrás fóra.


En canto á acción das pernas, podemos destacar que leva as rodillas bastante flexionadas aínda que non tanto como o segundo nadador do primeiro vídeo.




O primeiro batido faise inmediatamente despois de que as mans entraron na auga. Isto asegura que a propulsión sexa continua. Tamén se manteñen as cadeiras elevadas e o corpo hidrodinámico cando a brazada comeza. O segundo batido oponse ao descenso das cadeiras causado polas mans na súa empuxe cara á superficie. Cando o segundo batido efectúase correctamente, o nadador é capaz de elevar a cabeza máis facilmente para a inspiración. Podemos dicir tamén que igual que os dous nadadores anteriores realiza dúas patadas por cada ciclo de brazos.


No hay comentarios:

Publicar un comentario