* Lanzamento de martelo



Neste artigo realizarei unha análise sobre a técnica do lanzamento de martelo, espero que vos sirva de axuda e poidades aprender un pouco sobre este estilo de lanzamento.


Descrición

O lanzamento de martelo consiste, en lanzar unha bóla, cunha cadea con agarradeira, desde unha área circular dentro dunha xaula cara unha área marcada.


Área de competición






A área de competición é igual que a de lanzamento de disco, pero o círculo ten un diámetro de 2,14 m.


 Equipamento

O martelo pesa 7,26 kg. e está formado por 3 partes:
  • Cabeza: bóla de metal maciza: entre 10,16 cm. e 10,79 de diámetro.
  • Alambre: de 122 cm. de longo e de aceiro. Está conectado á cabeza por un eixo.
  • O grip ou agarradeiro: é unha manilla cun asa simple ou dobre de metal.
Os competidores poden utilizar luvas e muñequeiras, pero os dedos deben quedar libres.



Procedemento

O procedemento é o mesmo que no disco, pero a cabeza do martelo pode tocar o terreo durante o lanzamento. Se o martelo rompe durante o tiro, o lanzamento non conta.

A medición realízase desde a parte máis próxima da cabeza do martelo, ata o borde interior do anel que delimita o círculo de lanzamento.


Realízanse 3 intentos de clasificación. Logo, os finalistas realizan tres lanzamentos.

O gañador é aquel competidor que consegue maior distancia no lanzamento. O desempate resólvese polo segundo mellor lanzamento.






TÉCNICA DO LANZAMENTO DE MARTELO


Descrción técnica:

O lanzamento de martelo está conformado por unha serie de fases que en si mesmas non están compartimentadas, se non, que forman un todo (o lanzamento) , que é mais que a suma das fases.Por iso aínda que á hora de analizalo e describilo falemos de fase ,será mais adecuado non perder a visión global do lanzamento, xa quecalquera acción desencadea unha serie de reaccións posteriores que só se pode comprender desde esa perspectiva global.

O lanzamento de martelo presenta unha serie de características e elementos que pasamos a describir a continuación:


Agarre e posición de saída

O lanzador toma o martelo pola asa esquerda, suxeitámdoa polas segundas falanxes dos dedos a excepción do pulgar. A dereita, pola súa banda, apóiase encima dela e ambos os dous pulgares quedan entrecruzados co esquedo sobre o dereito.


No movemento circular que descrube o sistema lanzador e martelo durante o lanzamento, apréciase un xiro entorno ao cal se produce toda a acción, que debe ser vertical, xa que pola contra o lanzador perdería o equilibrio durante os sucesivos xiros.








 


Outro aspecto de especial importancia, son os denominados “ puntosalto e baixo” da orbita do martelo.

·   Durante os volteos previos, o punto baixo da orbita do martelo sitúase aproximadamente entre os 320º e 340º, mentres que o punto alto entre os 120º e 140º. 

·   Durante o lanzamento, tanto o punto baixo como o alto sofren un lixeiro e progresivo desprazamento na dirección de xiro do martelo, a medida que se suceden os xiros.  

·  Nos xiros, o momento de máxima aceleración do martelo coincide cos puntos baixos, pero a medida que os xiros se suceden, esta fase de aceleración debería empezar mais preto do punto alto,para conseguir unha fase final o mais longa ( no tempo) posible.


Os factores esenciais que non podemos perder de vista durante todo o lanzamento, e do cal depende o alcance do mesmo son:

- O radio de xiro do sistema ( débese conseguir e manter a maior amplitude posible).

- A velocidade de xiro, que debe ser crecente para obter unha velocidade final do lanzamento o mais elevada posible.

- O ángulo de saída do artefacto e a altura desde a que se lanza.

Pasando a analizar cada unha das fases do lanzamento :


Volteos

Debido ao peso do artefacto, o lanzador necesita romper a inercia desde a posición de saída, balanceándolo adiante ou á esquerda e desprazándoo á dereita por medio dunha torsión do tronco cara a este lado.
Os movementos son destinados a romper a inercia do martelo que se atopa á dereita, mediante unha circunducción ampla con brazos estendidos por diante e flexionados por encima da cabeza. A traxectoria do martelo é elíptica co punto máis baixo preto do pé dereito e o punto máis alto detrás do ombreiro esquerdo.


 


Xiros

Cada xiro (3 ó 4 máximo) pode descomporse en dúas fases: unha fase bipodal na que se actúa
activamente sobre o martelo aumentando a súa velocidade, e unha  fase unipodal, na que o pé esquerdo xira de talón, borde externo e metatarso. O tronco vai virando con brazos estirados.
 


Fase bipodal
  
A fase bipodal do xiro comeza realizando unha flexión maior das pernas. Os brazos atópanse estirados en dirección ao pé dereito. Iníciase un xiro activo do pé dereito ata que os brazos cheguen sobre a perna esquerda, mentres o martelo móvese cara á esquerda e cara arriba.

Vírase sobre o talón da perna esquerda acompañado pola acción do pé dereito ata os 60º ou 90º. O pé esquerdo continúa virando sobre o talón. O martelo nesta fase ten o maior descenso.

Nesta fase o atleta deberá ter en conta os seguintes aspectos:

Adiantar o eixo das cadeiras antes dos hombros de 70º a 80º. Adiantar o eixo dos pés debe manter de 60º a 70º graos.

A fase de maior velocidade alcánzase nalgúns momentos nos dobre apoios, cando o eixo dos hombros e as cadeiras están na súa máxima torsión.

Adiantar o eixo das cadeiras antes dos hombros da fase de maior velocidade alcánzase nalgúns 70º a 80º. momentos dos dobre apoios, cando o eixo dos hombros e as cadeiras están na súa máxima torsión.
Adiantar o eixo dos pés debe manter de 60º a 70º graos.





Fase unipodal

Comeza cando o pé dereito abandona o piso, o pé esquerdo xira cara aos 180º e o martelo diríxese pola súa traxectoria cara ao punto máis alto.

O pé dereito levántase pasando moi preto do tobillo da perna esquerda. Cando o pé esquerdo chegue aos 180º e o martelo alcance o seu punto máis alto, se gravita o peso do corpo sobre o borde externo do pé. O pé dereito diríxese activamente cara ao piso sobre os 270º, este apóiase sobre o metatarso do pé. O pé esquerdo xira pasivamente, mentres o tronco se atopa vertical cos brazos ben estendidos.

O eixo doshombros atópase entre os 240º e 270º e o martelo inicia o seu descenso cara ao punto máis baixo. Aquí comézase de novo a fase de dobre apoio, onde se debe de actuar activamente con tronco, brazos e pernas para acelerar o martelo ao comezar o seguinte xiro. Faranse dous ou tres xiros nos cales a mecánica do movemento se repite ata chegar ao momento da descarga ou lanzamento.






Acción final

Iníciase cando se acaba a fase unipodal do terceiro ou cuarto xiro. Arrástrase o martelo con pernas, cadeira e tronco ata que o martelo chegue ao momento máis baixo no medio do apoio dos pés.

Logo faise unha extensión das pernas cun halón activo de costas cara atrás e cara arriba. Lévanse os brazos estendidos ata a horizontal de forma paralela ao piso.

O pé da perna esquerda xira en dirección do lanzamento. No momento de liberar o martelo, a cabeza atópase lixeiramente cara atrás dos hombros e os brazos estendidos á altura do hombro.

Ao acabar a acción, o tronco e a cabeza volven á posición vertical, estando esta máis atrás dos ombreiros; mentres os brazos levan arriba da cabeza.



Recuperación

Ao momento de lanzar, o deportista acumula moita aceleración polo que despois de lanzar experimenta un desequilibrio que o impulsa cara a adiante.
 
Para contrarrestar isto o deportista debe facer cambio de pé e descender o centro de gravidade. Así logrará permanecer dentro do círculo.

As angulaciones descritas en todas as fases dependen sempre das condicións particulares de cada deportista, niso inflúe o peso, a estatura e a envergadura de cada lanzador.






Fixémonos neste vídeo, na técica destes lanzadores de martelo.


 


Unha vez rematada a expilcación da técnica deste lanzamento, vou dar unhas clase para a súa ensinanza.

Os erros máis comúns son seguintes:

- Pasar as mans por detrás da cabeza.

- Á traxectoria vertical do martelo.

- Cruzar as pernas durante os xiros.

- Non manter o equilibrio.

- Soltar o martelo cun ángulo incorrecto.

Para a súa ensinanza utilzaremos

- Meteriais alternativos como picas, balóns medicinais dentro dunha rese, escobas...

- Delimitaremos zonas de seguridade extensas e exentas de perigo.

- O círculo de lanzamento debe ser antiescorregadizo e pode debuxarse cun xiz.

 No noso caso, en canto o espazo da prácitca deste lanzamento, xa dipoñemos da pista de atletismo na cal podemos prácticar dende o lugar onde se reliza o lanzamento.





Bibliografía
- Apuntes de fundamentos de atletismo
- Wikipedia
- Juan Castaño Ortigosa, El lanzamineto de martillo
- You tube


Sesión

Quencemento xeral

Exercicios dinámicos

- Desplazamentos movendo brazos adiante e logo atrás.
- Desplazamento movendo tronco.
- Desplazamento lateral a un lado e a outro.
- Desplanzamento cruzando pernas a un lado e a outro.
- Desplazamneto ridillas arriba.
- Desplazamento rodillas atrás.

Exercicios estáticos

- Movemos brazaos adiante e atrás.
- Estiramos brazos atrás.
- Movemos monecas.
- Estiramos pernas a un lado e a outro.
- Estiramos pernas atrás.
- Movemos tobillos.

Exercicios específicos

PARA O AGARRE

Explicamos agarre:
    - Pulgar esquerdo sobre o dereito.

Exercicios de balanceos e agarre. Primeiro sen martelo e logo con martelo.

PARA OS VOLTEOS

Brazos estendidos por diante e fñexionados por encima da cabeza. O punto máis baixo preto do pé dereito e o punto máis alto detrás do hombro esquerdo.

* Este exercicio relizaremolo sen nada e logo con picas.

PARA OS XIROS

1. Xirar o pés de forma simultanea sobre o talón e punta abanzando.
2. Xirar sobre o talón do pé esquerdo e a punta do pé dereito cara a esquerda e volver o mesmo punto.
3. Xirar cara a dereita sobre o talón do pé dereito e a punta do pé esquerdo e volver o mesmo punto.

* Todos estes exerecicios realizaremolos primeiro sen o martelo e logo con él.


No hay comentarios:

Publicar un comentario