* Sesión de atletismo


Lorena Ambrosio García
Judit Freire Piquín
Alba Cordido López


Fase introductoria

Esta sesión, realizarasenunha pista de atletismo ao aire libre e terá unha duración de aproximadamente 40 minutos, divididos en tres partes, unha parte de quecemento, que ocupará 10 minutos, unha parte principal de 20 minutos e a volta á calma que durará 10 minutos.

Os obxectivosxerais que queremos conseguir nesta sesión, son principalmente achegaraos alumnos ao atletismo, respectar aoscompañeiros e as normas dos xogos e desenvolver as capacidades motoras mediante o xogo.

O material necesario para levar a cabo os distintos xogos é:
1) 20 Conos
2) 15Cordas
3) 15 Aros
4) 8 Vallas
5) 2 Balónsmedicinais
6) 2 Balóns de espuma

Naprimeira parte da sesión, o QUECEMENTO, levaránse a cabo os seguintesxogos:

Xogo: Cazadores e Lobos.

Obxectivo específico destexogo: Activación xeral do organismo. A colaboración entre compañeiros e a coordinación.
Lugar para o desenvolvemento: Espazo delimitado por conos na pista de atletismo.
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario:Un balón e catro conos.
Participantes: Todos os alumnos da clase.

Desenvolvemento do xogo: Cinco alumnos son os cazadores e os demáis son os lobos. Nunha zona delimitada previamente, os lobos deberán escapar dos cazadores, que os intentan pillar. Estes pillarán tocando aos lobos cun balón e non poderán avanzar co balón naman, deberán pasalo entre eles para poder pillalos.

Variante 1: Unha vez pillados, os lobos pasan a ser cazadores tamén.
Variante 2: Os cazadores pillanco balón pero unidos polasmans.

Xogo: A muralla humana

Obxectivo específico destexogo: Continuar coa activación xeral do organismo.
Lugar para o desenvolvemento: Espazo delimitado por conos na pista de atletismo.
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario: Sete conos.
Participantes: Todos os alumnos de clase.

Desenvolvemento do xogo: Un alumno sitúasenaliñacentral , previamente indicada e os seuscompañeirosaocarón do campo. O profesor, comeza a contar en voz alta "10, 9, 8, 7, 6?". Antes de que acabe, todos os alumnos deben pasar á outrametade do campo sen ser tocados polo compañeiro que está no medio. Os que sexan tocados por o alumno que está no medio pasará a pillar con el.

A segunda parte desta sesión, será a PARTE PRINCIPAL, e nela irán os xogos de maior desgaste físico:

Xogo: Rouba-paños

Obxectivo específico destexogo: Desenvolver a potencia vertical de salto.
Lugar para o desenvolvemento: Espazo delimitado por conos na pista de atletismo
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario: 30 paños
Participantes: Todos os alumnos.

Desenvolvemento: Todos os alumnos deben colocarse un paño por detrás dentro do pantalón e despois, á orde do técnico comezan a perseguirse e quitarse os paños dos compañeiros.Gaña o que aguante co pañomáis tempo.

Variantes: Pódense colocar dous paños, tamén se pode engadirunhacorda simulando un rabo, sen atar, que o atacante tentará arrebatar.

Xogo: Circuíto de exercicios variados en 5 fases.

Nestecircuítoirase explicando en cada exercicio o seuobxectivo específico e o material necesario. Durará 15 minutos en total. Todos os exerciciosteñen en común, o lugar para o desenvolvemento do xogo, que será a pista de atletismo. Colocaremos os exercicios por estacións que irán rotando, faremos grupos conforme en cada estación haxa 5 ou 6 participantes.

1º Exercicio: Salto de vallas e salto a corda

Obxectivo específico destexogo: mellorar a capacidade de salto.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: seis vallas, catrocordas
Participantes: Todos os alumnos de clase divididos en grupos.

Desenvolvemento do xogo: Os alumnos en grupos organizaranse ante a liña de saída, aosinal de comezo un alumno de cada grupo realizará a saída, salta tres vallas e realizará dez saltos coa cordaao estilo que máislle guste.
Cando acabe o exercicio volverá á liña de saída para dar a substitución aooutro participante

2º Exercicio: Transporte de balón medicinal entre obstáculos

Obxectivo específico destexogo: Mellorar a habilidade e a carreira.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: Dousbalónsmedicinais de entre tres e catro quilogramos, catorce conos, e dúas cordas.
Participantes: Todos os alumnos de clase en grupos.

Desenvolvemento do xogo: Naliña de saída o alumno collerá un balón medicinal, este deberá ser levado entre os obstáculos facendounhatraxectoria de zigzag, unha vez completado o percorrido correrá á liña de saídaonde dará a substitución aoseucompañeiro.

3º Exercicio: Sprint e saltos entre aros

Obxectivo específico destexogo: Mellorar a velocidade e capacidade de salto.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: Dous conos, dúas cordas, dez aros.
Participantes: Todos os alumnos de clase en grupos.

Desenvolvemento do xogo: Desde a liña de saídaaosinal do profesor, os alumnos sairán realizando un sprint até a zona marcada, para volver á liña de saídaterán que realizar saltos entre os aros situados no pavimento. Aochegardaráselle a substitución aoseguinte alumno

4º Exercicio: Sprint e Sentadillas

Obxectivo específico destexogo: Mellora de velocidade e forza.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: Dúas cordas, dous conos, dous aros.
Participantes: Todos os alumnos de clase en grupos.

Desenvolvemento do xogo: Colocaranse os alumnos por filas, realizaraseunhacarreira até un cono, situado dentro dun aro, o alumno colocarase dentro do aro e agachásesecatro veces tocando o cono, cada vez que toque o cono terá que realizar un salto antes de volver agacharse.

5º exercicio :Pasos cruzados, salto obstáculo e sprint


Obxectivo específico destexogo: mellora da velocidade, salto e habilidade.
Duración do xogo: 3 minutos.
Material necesario: Doce aros, dous conos, duas vallas, dúas cordas.
Participantes: Todos os alumnos de clase en grupos.

Desenvolvemento do xogo: Desde a liña de saídarealizarase a carreira,pisando un pé en cada aro,realízase un sprint até a zona marcada,na volta atopámonos un obstáculo que debemos sortear saltando para dar a substitución aocompañeiro.

Para terminar, faremos a última parte da sesión, a VOLTA Á CALMA, que constará de dousxogos:

Xogo: A galiña cega


Obxectivo específico destexogo: Agudizar os sentidos do oído e do tacto.
Lugar para o desenvolvemento: Pista de atletismo.
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario: Conos para delimitar a zona, 2 paños
Participantes: Toda a clase.

Desenvolvementodo xogo: Un alumno terá os ollos vendados, e terá que intentar pillar os seuscompañeiros, os que resulten pillados terán  que sentarse.
Variante: o alumno que esta pillando ten que reconocer a persoa que pille

Xogo: Mar, terra, aire

Obxectivo específico destexogo: Desenvolvemento da concentración e a velocidade de resposta mental.
Lugar para o desenvolvemento: Pista de atletismo.
Duración do xogo: 5 minutos.
Material necesario: Unha pelota.
Participantes: Toda a clase.

Desenvolvemento do xogo: Todos se colocan en círculo e un xogador no centro que ten unha pelota. O do centro pásalleaos exteriores á vez que di unha do tres opcións (mar, terraou aire). O que recibe a pelota ha de contestar un animal dese medio. O que falle ou repita ocupará o centro.



No hay comentarios:

Publicar un comentario