miércoles, 4 de junio de 2014

A última actividade do curso... Piragüismo


Ola bloggeiros!! Pois esta será a última entrada que faga ,xa que se acabase o curso. Foi un pracer compartir as misñas experiencias do ciclo con todos, e as acitividades que fumos facendo o largo do ano, espero que vos serviran e vos animara e motivara a adentrarvos neste mundo do deporte.

Agora falareivos do piragüismo , a última activiade que realizamos neste curso. Fumos o martes e mercores o Club Fluvial de aquí de Lugo a remar polo río Miño.

O primeiro día puxemos os chauquelos salvavidas, collimos as piragüas e comezaron explicanodonos as súas partes e como había que facer para entrar e para salir de ela , xa que é algo moi importante para non caerse. Despois xa falamos das palas de como había que collelas e como se remaba tanto para adinte como para atrás e para frear.



Despois distos xa fumos o embarcadeiro para empezar a remar, íamos un pouco nerviosos xa que a maioría nunca montaramos nunha piragüa e tíañamos medo de caer.

Unha das primeiras en montar fun eu , e a verdade é que bastante ben , xa que non me caín e fun remando sen problema , as veces a piragüa moviase e ía inestable e parecía que ía caer pero por sorte non caín. Despois de montar xa varias veces, probamos a ir de dous nunhas barcas moito máis seguras , nas que xa era díficil caerse. Con isto acabamos este primero día de piragüismo, no que estaríamos remando máis ou menos unha hora e media.

 

O segundo día, empezamos no ximnasio do fluvial, os profes explicaromnos como funcionaban algunhas das máquinas que utilizaban os piragüistas antes de ir a remar.

Despois disto xa baixamos a poñer os chalecos, collimos as piragüas e as palas e xa nos pumemos a remar, desta vez choquei cunha pedra e non dín remado pa atrás polo que a piragüa me deu a volta, pero por sorte estaba cerca do embarcadeiro e fun nadando sen problema.

Logo púxemoslle os asientos as piragüas xa que ata agora andiveramos sen eles xa que era máis fácil. Co asiento foi un pouco máis complicado xa que era máis fácil caerse. O principio custoume un pouco xa que cain pero despois de varias veces xa puiden establizar a piragüa e remar sen problema.


E así acabaron estes dous días de piragüa ,a verdade é que se fixeron algo curtos, pera aínda así puiden disfrutar e aprender algo sobre un deporte que nunca antes prácticara.

E con isto dou remate a este curso , un curso no que aprendín moito, novos deportes novas experiencias que nunca olvidarei. Non me arrepinto para nada de a ver escollido facer este ciclo e algo que me gusta, e en algunhas cousas podo ser peor que noutras pero sempre intento facelo o mellor que podo.

Tamén teño que dicir que neste ano coñecín a xente xenial, da que aprendín moito e dos que me levo grandes amizades.

Eles tamén axudaron a que fora un gran curso !!!

A ver o que nos depara o vindeiro ano...