O outro día estiven falando do salto de lonxitude, pois hoxe falarei sobre triple salto.
O triple salto, realízase nun lugar moi similar ao do salto de lonxitude, o único que cambia é o lugar de situación da táboa de batida, que se sitúa máis lonxe do foso. A distancia do salto mídese desde a táboa de batida até a marca máis atrasada sobre a area feita por calquera parte do corpo do atleta.
A instalación para este tipo de salto é a mesma que para o salto de lonxitude, excepto en competicións internacionais nas que a táboa de batida está situada a 13 m. para os homes e 11 m. para as mulleres, desde o borde máis próximo do foso de caída.
Os competidores, corren ao longo dunha pista de aceleración cara unha plancha de despegamento, onde a través de 3 impulsos tentan alcanzar a maior distancia posible.
Para realizar un triplo salto hai que realizar unha secuencia de pasos. O primeiro é un salto a pé a pata coxa, no segundo faise outro salto repetindo a primeira perna e no terceiro efectúase un cambio de perna, sendo este o último impulso antes de caer na area. O salto segue unha das dúas secuencias de pernas: esquerda, esquerda, dereita e caída ou dereita, dereita, esquerda e caída.
Técnica
Dividiremos a técica nas seguintes fases:
Carreira de aproximación:
É moi parecida a do salto de lonxitude pero máis homoxénea.
Primeiro salto
O saltador deberá efectuar unha batida máis profunda que a dun salto de lonxitude, aínda que o despegamento sexa similar.
Na suspensión as pernas realizan o xesto de "2 pasos" no aire. O tronco permanece en todo momento en posición vertical.
A perna de batida que queda atrasada despois do segundo paso adiántase estendéndose e buscando activamente o chan na aterrizaxe. A perna que se bateu é a mesma que a que vai bater de novo no segundo salto.
Segundo salto
Iníciase no momento en que o pé da perna de batida toma contacto co chan despois da súa acción circular.
Non é máis que unha zancada en profundidade. O tronco permanece recto, a perna libre flexionada pola muslo,mantense á altura das cadeiras e a de atrás, tamén flexionada tras o seu impulso, trata de achegarse á de diante.
Terceiro salto
É parecido o salto de lonxitude.O atleta chega con moito menos velocidade horizontal que o saltador de lonxitude, polo que o triplista, na fase de suspensión, só poderá facer, ou un salto natural ou un salto en extensión.
Métodos de salto
Distinguiremos dous métodos de salto :
Método polaco
- A cordinación dos brazos e das pernas é natural.
- Os saltos son rasantes.
- Batidas breves.
Método de accións simultaneas
- Accións simultanea dos brazos.
- As suspensións son máis altas.
- Batidas máis largas.