Hoxe imos falar un pouco sobre o salto de lonxitude que empezamos a ver o outo día na clase.
Esta proba, xunto á de triplo salto, constitúen os únicos saltos de tipo horizontal. Os competidores (homes e mulleres) corren ao esprín por unha pista de aceleración e saltan desde un listón fixado ao chan até un banco de area.
A pista de aceleración non ten unha lonxitude concreta, pero adoita medir uns 45 m.
A táboa de batida estará situada entre 1 e 3 metros antes do foso. A continuación desta colocarase unha táboa cuberta de plastilina ou similar que permita a visibilidade da proba no caso de ser pasada e/ou pisada.
A área de aterrizaxe ou foso é un banco de area húmida, de 3 m. de ancho e 10 m. de lonxitude (empezando a un metro como mínimo desde a liña de despegamento).
Resulta gañodor da proba será a persoa que consiga saltar a maior lonxitude.
Agora expliacarei un pouco a técnica deste tipo de salto.
Fase de carreira
Debe ser previamente talonada (medida con precisión), debe realizarse en progresión e con gran elevación do muslo. O penúltimo apoio é mais longo que os demais e o último é o máis curto.
Fase de batida
Comeza co apoio do pé de batida sobre a táboa e acaba coa perda dese contacto. O pé de batida chega á táboa de planta. A extensión da perna de batida será completa e coincide coa elevación da perna libre flexionada. Nesta fase tamén existe un movemento enérxico de brazos.
Fase de suspensión ou voo
Existen tres técnicas nos movementos que executa o atleta durante esta fase. Ditos movementos van encamiñados a adoptar unha posición final máis equilibrada e rendible:
-Técnica Natural: para saltos de pouca lonxitude e principiantes.Durante a suspensión a perna de batida únese á libre e nesa posición de "sentado" efectúase a translación.
-Técnica extensión: consiste en estirar as pernas e flexionar a espalda cara a adiante. Manter esta posición evitando que baixen as pernas na caída.
-Técnica de paso ou tesoiras: o saltador péchase de forma continua, coma se estivese a correr no aire. En función do número de pasos que realice poderá denominarse "salto de 2 e medio" , "3 e medio" ou "retra e medio". Para efectuar o medio, o atleta recolle a perna libre e moi flexionada lévaa cara a adiante, semiextendéndoa cara á horizontal e aproximadamente á mesma altura que a perna de batida. Para propiciar o equilibrio dos movementos de pernas, os brazos realizan rotacións a nivel da articulación do hombro e no sentido de atrás adiante. Estas accións van totalmente coordinadas cos movementos das pernas. Déanse os pasos que se dean, finaliza a secuencia cunha flexión de tronco adiante sen que baixen as pernas. Desta forma o salto ten boa proxección.
Fase de caída
A caida realízase sobre os talóns e coas pernas estendidas, intentando caer o máis lonxe posible da liña de batida, e recuperando o equilibrio despois de facer o sinal de caida.
Deixo aquí dous vídeos para que vexades como se realiza o salto de lonxitude. Fixádevos !!!
No hay comentarios:
Publicar un comentario