A verdade é que pouco coñecia este deoprte ata este ano que tiven oportinidade de realizalo e aprender sobre él, así que aquí vos explico en que consiste e os seus obxectivos.
Que é o rugby tag ?
É un novo concepto de rugby, rugby sen o contacto físico. Os xogadores levan un cinto e pegadas a ambos os dous lados, con velcro, colgan dúas cintas.
Consta dun equipo de 12 xogadores con 7 no campo. Cando o equipo defensor (sen o balón) quita a cinta a un xogador do equipo atacante (co balón), isto considérase un placaxe. É un deporte rápido de habilidade, que se pode practicar tanto de forma amigable como a nivel de competición.
Rugby tag é un deporte sen contacto, calquera forma de contacto intencional está prohibido e pode ser sancionado cun cartón amarelo ou vermello, (o xogador ten que abandonar o campo de xogo). Calquera forma de contacto non intencionada pode ser sancionada cun golpe de castigo e/ou cambio de posesión.
Como se xoga ao Rugby tag ?
Obxectivo do equipo en ataque
O equipo en ataque ten que tentar marcar un ensaio. Para marcar un ensaio ten que poñer o balón na o chan detrás da liña de marca e antes da liña de morto. Terá 5 oportunidades para marcar con cada posesión (aparte se hai unha falta). Cada vez que a defensa quita unha cinta, perde unha oportunidade.
Obxectivo do equipo en defensa
O equipo en defensa ten que tentar quitar a cinta do xogador que posúe o balón.
Golpe franco
Cada vez que un equipo recibe novamente a posesión do balón iníciase o xogo cun golpe franco. O xogador que fai o golpe franco pode pasar o balón a outro xogador do seu equipo ou correr el mesmo.
Para iniciar o xogo despois dun "Tag" (cando a defensa quita unha cinta do xogador en ataque con posesión do balón) o xogador que lle quitaron a cinta, volve ao momento de "Tag" e ten que pasar o balón atrás cun pé a outro xogador do seu equipo.
Saque de Centro
Para iniciar cada parte do xogo ou despois dun ensaio sácase desde o centro. O balón ten que ir polo menos 5 metros diante no saque de centro.
Gañador
O equipo con maior número de ensaios é o gañador.
Pois este é breve resumo de como se xoga o Rugby tag. Animo a todos aqueles que nunca o prácticaron a que o fagan xa que é un deporte en equipo, diferente, pero que resulta moi divertido !!
No hay comentarios:
Publicar un comentario