jueves, 31 de octubre de 2013

Deporte de orientación



Este pasado sábado fumos  a unha carreira de orientación a Guitiriz. A verdade é que poucas veces relizara este deporte, pero este ano puiden coñecelo e practicalo un pouco máis.

Para os que pouco sepan sobre a orientcion aquí vos explico un pouco en que consiste:

A orientación é un deporte que ten como finalidade atopar uns puntos determinados (balizas) no terreo con axuda dun mapa, unhas pistas e unha brúxula. A orde en que se percorren as balizas é libre, de forma que cada corredor deseña o seu propio percorrido. O número de balizas, a lonxitude do percorrido (ou extensión do terreo utilizado) e a dificultade do terreo (costas,monte, obstáculos naturais, etc.) son variables e elíxense en función do nivel dos participantes.

O obxectivo da carreira é completar o percorrido (pasar por todas as postas) no menor tempo posible valéndose tan só da información achegada polo mapa e en todo caso coa axuda da brúxula como instrumento de apoio para orientar o mapa ou a nós mesmos.

As balizas teñen algún sistema de sinalización para localizalas cando estamos xa preto delas (o oficial son uns cadros ou unhas bolsas de cor branca e laranxa), así como outro sistema para marcar o cartón ou pinza que o corredor introduce en cada baliza e entrega unha vez que chegue a meta .Desta forma a clave de cada baliza garante que o corredor pasou polas balizas e que ademais foi capaz de identificalas con respecto ao mapa.



  




































Estas son algunhas das fotos da carreira do pasado sábadado en Guitiriz. Aínda que ningún de nos conseguiu levar ningún premio pasámolo moi ben e foi unha boa experiencia que esperamos volver repetir.

No hay comentarios:

Publicar un comentario