As carreiras de vallas corresponden a probas de velocidade: 100 e 110 metros na velocidade curta e a de 400 metros á velocidade longa, polo que a súa execución terá lugar na recta de chegadas no caso dos 100 e 110 metros vallas e en todo o anel da pista no caso dos 400 metros vallas.
Saída
O vallista deberá ter todas as consideracións técnicas dos corredores da mesma proba sen vallas, aínda que hai pequenos matices que deberá ter presentes por ter o condicionante dos obstáculos a superar. Polo xeral todos os corredores teñen oito zancadas ao primeiro valo.
O vallista deberá ter unha gran capacidade para desenvolver unha gran velocidade, que no caso de 110 metros será de 13,72 metros e en tan só oito pasos. Hai que ter presente que o atleta inicia o ataque a primeira valla cando se atopa a dous metros da mesma polo que estes pasos deben ter unha serie de características:
- A lonxitude dos pasos incrementarase ata o sétimo
- O oitavo paso deberá ser lixeiramente máis curto que o sétimo.
No cuarto paso, o tronco deberá xa conseguir a posición de carreira. Esta situación fará que ocorredor poida observar a primeira valla antes de estar encima dela.
Ataque a valla
O tempo que transcorre desde o último paso previo a valla ata que o pé entra en contacto co chan unha vez realizado o pase por encima da mesma, debe transcorrer da forma máis rápida, sen que haxa perda de velocidade. Para que isto poida lograrse é necesario que o vallista realice unha técnica depurada e a gran velocidade. O atleta debe deixar unha distancia entre o último apoio e o valo para que a técnica poida ser o máis correcta posible, concretamente entre 1,90 e 2,00 metros. Esta distancia non adoita variar a pesar das categorías ou das circunstancias do vallista, atopándose unicamente variacións non significativas.
A superación do valo esixe unha elevada enerxía e alta da perna de ataque flexionada co muslo cara adiante e cara arriba, o cal coincide cun aumento da inclinación da carreira. A continuación envolve a valla tomando rapidamente contacto co chan, cadeiras sobre a vertical do pé, case sobre as xemas dos dedos, tobillo en tensión e rodilla estendida, todo o cal favorece a continuación da carreira.
Perna de ataque
Esta perna sobe flexionada á fronte ata que a rodilla alcanza a altura da cadeira, momento no cal pendula cara atrás.
A perna esténdese pero non se bloquea pola rodilla e no momento que o pé se sitúa sobre a valla, realiza un movemento envolvente de arriba-abaixo buscando o chan con rapidez co que toma contacto de metatarso.
Perna de impulso
Unha vez finalizado o impulso a perna déixase arrastrar, momento a partir do cal describe un movemento circular e lateral pasando paralela ao chan sen apresurar a súa acción, de tal modo que cando a outra perna toma contacto co chan, esta mantense algo ao costado, formando neste momento, un ángulo aproximado de 90 graos co tronco.
Acción do tronco
O tronco incrementa a inclinación unha vez que se inicia o ataque a valla, coincidindo a máxima inclinación cando se estende completamente a perna de ataque e a separación do chan da perna de impulso.
Todas as accións desenvolvidas durante o pase a valla, que comeza no ataque da valla, co esforzo que leva a subida do muslo e a súa posterior extensión, o empuxe coa perna de impulso e a inclinación do tronco, non deben provocar que o resultado leve unha elevación excesiva das cadeiras; pola contra o atleta realizará o pase da valla coa mínima elevación das cadeiras.
O corredor deberá ter a idea de avanzar o tronco na dirección da marcha cuxa flexión levará unha correcta caída tras a valla. A cabeza non se deberá forzala cunha acción cara ao chan, que levaría ou resultado contrario ao desexado como a perdida de equilibrio. A cadeira deberá levar unha traxectoria que se apartará o menos posible da liña de carreira.
Acción dos brazos
Seguirán a acción das pernas. Son, como nas carreiras lisas, factores equilibrantes e coordinativos, nesta ocasión na acción do voo, permanecendo ambos diante do corpo na fase de ataque. O contrario á perna de ataque adiántase como tentando tocar a punta do pé da perna de ataque que nese momento esténdese, lixeiramente flexionando polo cóbado, e a palma volta cara abaixo. O outro brazo, flexionado no cóbado, leva algo cara atrás, ata que a man e o cóbado formen unha liña co tronco. Estender o brazo cara a un lado ou cara atrás é un grave defecto.
Acción entre valla e valla
Nas carreiras curtas de vallas, realízanse tres pasos entre valla e valla e á máxima velocidade posible co fin de atacar sempre coa mesma perna. Por iso é necesaria unha correcta proporción e lonxitude de cada un dos pasos entre valla e valla, que influirá sobre a velocidade da carreira.
Final
Unha vez pasada a última valla, o atleta fará o máximo esforzo en percorrelo no menor tempo posible, diminuíndo se é preciso a amplitude dos seus pasos.
Aqui vos deixo este video, de un gran atleta: Guy Drut
No hay comentarios:
Publicar un comentario