domingo, 13 de octubre de 2013

Natación

 Todos os luns imos a piscina onde realizamos e aprendemos diferentes estilos de nadar como: braza, espalda, crol e mariposa. Asi que hoxe falarei un pouco sobre estes catro estilos de natación.

Braza

Neste estilo, o nadador flota boca abaixo, cos brazos pauntando de frente, as palmas voltas, e executa a seguinte secuencia de movementos horizontais: ábrense os brazos cara atrás ata quedar en liña cos hombros, sempre encima ou debaixo da superficie da auga. Encóllense as pernas para aproximalas ao corpo, cas rodillas e os dedos dos pés cara a fóra, e logo estíranse cun impulso á vez que os brazos volven ao momento de partida, momento no cal comeza de novo todo o ciclo.As brazadas deben ser laterais, non verticais.


Espalda

Este estilo é esencialmente libre, só que o nadador flota coa esplada na auga.Consiste nunha acción alternativa dos brazos e das pernas: un brazo no aire coa palma da man cara a fóra saíndo de debaixo da perna, mentres o outro impulsa o corpo na auga.

 
Crol

Este estilo consiste en que un dos brazos do nadador móvese no aire coa palma cara abaixo e o codo relaxado, mentres o outro brazo avanza baixo a auga. Realizase un movemento alternativo das cadeiras arriba e abaixo coas pernas relaxadas, os pés cara a dentro e os dedos en punta. Por cada ciclo completo de brazos teñen lugar de dous a oito patadas oscilantes. Neste estilo é moi importante respirar do modo adecuado.


    

Mariposa
 
O estilo mariposa é un estilo de natación no que os dous brazos van xuntos de frente por encima da auga e logo cara atrás ao mesmo tempo. O movemento dos brazos é continuo e sempre vai acompañado dun movemento ondulante das cadeira. As  pernas van simultaneamente cara abaixo e cara arriba, é dicir, coas dúas pernas xuntas e á vez, sendo a acción cara abaixo a que proporciona a propulsión.



  

No hay comentarios:

Publicar un comentario