Boas !! Despois dunhas semaniñas de descanso voltamos de novo.
Logo de unha primeira avaliación na que aprendín moitas cousas e me serviu de moita axuda para coñecer novos deportes dos que antes apenas coñecía, agora comeza a segunda avaliación na que espero seguir aprendendo moito máis para que pouco a pouco me vaia formando como técnica deportiva. Por suposto seguirei compartindo con vos todo o que vaia realizando e aprendendo nas clases.
Este venres foi a primeira clase que tivemos despois das vacacións de nadal, estivemos falando das cousas que realizaremos nesta segunda avaliación. Estes son algúns dos contidos que iremos vendo ao longo do trimestre:
Ás habilidades acuáticas
Métodoloxía da natación
Indice
- Habilidades básicas:
- Flotación
- Respiración
- Propulsión
- Iniciación. Familiarización co medio acuático.
- Perfecionamento.
- Entrenamento
- Etapas de aprendizaxe e indade.
- A comunicación da información nas diferentes etapas.
- O feedback ou retroinformación.
O venres tamén fumos as pistas a practicar os lanzamentos, xa que nas próximas semanas cada un de nos relizara varias sesións para explicar o resto de compañeiros un lanzamento, ben sexa peso,disco,martelo ou jabalina.Unha nova forma de aprender mediante os nosos compañeiros, que pode resultar moi divertida e positiva.
No hay comentarios:
Publicar un comentario