sábado, 22 de febrero de 2014

Clase de jabalina

Hoxe falarei sobre as clases de lanzamento de jabalina que recibimos esta semana o meu grupo, na que a profe desta vez foi Lorena, así como anteriomente o foran Amalia explicando o lanzamento de disco e Tamara co lanzameneto de peso.

A sesión de jabalina durou duas clases nas que realizamos o seguinte:

Como no resto de lanzamentos empezamos cun quencemento xeral e seguidamente cun específico. A continuación relizamos algúns exercicios especícos sobre o lanzamento de jabalina:

Empezamos co agarre, a nosa profe esplicounos que hai diferntes tipos de agarre e que podiasmos elexir o que nos resultase máis cómodo. Os tipos de agarre son os seguintes:

- Agarre co dedo medio e o pulgar: O lanzador envolve a jabalina co dedo medio e pulgar rodenado ata a empuñadura co resto da palma da man, o dedo índice colocase por debaixo da jabalina e tomando o borde da empuñadura.

- Agarre cos dedos índice e pulgar: O lanzador abarza o corpo da jabalina cos dedos índice e pulgar, rodeanado ata a empuñadura e logo envolvéndoa con toda a man.

- Agarre de tenaza: Cóllese a jabalina entre os dedos índice e anular, rodease ata a empuñadura e envolvese con toda a palma da man.



Despois de ver os agarres e de realizar varios exercicos, con picas e pelotas sen usar inda a jabalina , pasamos a ver as fases do lanzamento.

1. Fase inicial 
Suxeitamos a jabalina de calqueira das tres maneiras que vimos anteriormente, a jabalina situarase paralela o suelo coa punta cara abaixo, o brazo portador da jabalina e moi importante que este aberto e flexionado polo codo mentres o outro brazo realiza un movemento de carreira.

2.Carreira
O obectivo desta segunda fase é alcanzar a maior velocidade posible para poder relizar un xesto final de maior potencia, é moi importante que a carreira sexa progresiva mirando cara a zona de lanzamento.

3. Pasos finais
Esta fase dividese en cinco fases máis:

1º Paso
Realizase chegando coa perna esquerda, adiantantaremos as pernas o tronco o tempo que empezmos a levar o brazo que suxeita a jabalina cara atrás.


2º Paso
Realizase coa perna dereita, seguese levando a jabalina cara atrás donde a punta debe situarse a altura da nosa cara.

3º Paso 
Relaizase coa perna esuqerda, a jabalina seguirá como nos dous primeiros pasos, cara atrás coa palma da man cara arriba. A jabalina alinease cos hombros.

4º Paso 
Este paso debe ser largo pero non lato , a perna dereita cruza a esquerda por riba da rodilla, a cadeira , a jabalina e os hombros estarán alienados de forma paralela mentres que o brazo portador da jabalina estará estendidio cara atrás.

5º Paso 
A perna e a cadeira irán cara adiante. O tronco estará arquedo cara atrás donde o final as cadeiras empuxan o tronco cara arriba e adiante. O tronco arrastra o hombro derito e este o codo, o codo colocarase o frente arrastrando tras del o antebrazo a man e ajabalina, realizando este paso en dobre apoio.



 4.Recuperación
Unha vez lanzada a jabalina o corpo continua cun movemento cara adiante, a perna do brazo libre sairá cara adiante para amortiguar o impulso, mentres que a outra perna manterá o equilibrio flexionando as rodillas e cadeiras, intentando evitar que saia do arco reglamentario.

Todas estas fases as relizamos mediante exercicios que Lorena nos ía explicando utilizando diferentes materiais. Na segunda sesión xa empezamos a utilizar a jabalina e a realizar lanzamentos.
A verdade é que o lanzamente de jabalina xunto co de peso foi un dos lanzamentos que máis me gustou dos que vimos ata agora.

No hay comentarios:

Publicar un comentario