O rugby é un xogo de evasión, no que o obxectivo é marcar máis puntos que o equipo contrario durante os 80 minutos que dura un partido.
O partido de rugby, en xeral ten dous tempos de 40 minutos separados por un intervalo de 10 minutos.
O núerero de xogadores é de quince por cada equipo, na modalidade rugby XV, aúnque existen rugby a 13, e rugby seven(7).
Terreo de xogo
Puntuación
En Rugby os tantos coñecense como ensaios. Os ensaios conséguense cando traspasamos a linea de fondo do equipo contrario.
Cada ensaio ten un valor de 5 puntos.
Cando marcamos un ensaio temos a oportunidade de realizar unha trasformación, que consiste en pegarlle unha patada ao balón para que pase entre os paus da porteria.
O placaje
Como todos os elementos que compoñen o rugby, este é o que máis especificacións posúe, polo seu alto grao de perigo. Este perigo apréciase para as persoas que non teñen o concepto de placar ben desenvolvido.
Legalmente e segundo especifica o regulamento de Rugby, é legal placar dos hombros cara abaixo, aínda que o máis efectivo é placar da cintura cara abaixo, é o máis efectivo.
Cando somos placados: Debemos soltar o balón, deixándoo mirando cara ao noso campo.
Cando placamos: Debemos soltar á persoa que placamos e apartarnos do chan.
Cando se produce un placaje o balón queda disputado no chan polos dous equipos, isto chámase tecnicamente un ruck, o cal explicaremos a continuación.
O ruck
Como xa vimos antes o Ruck prodúcese cando o balón tras un placaje, queda disputado no chan polos dous equipos.
Un ruck é unha fase do xogo onde un ou máis xogadores de cada equipo, que están sobre os seus pés, en contacto físico, agrúpanse ao redor da pelota que está no chan.
A touche ou saque de banda
A touche prodúcese cando o balón sae de banda. Realízase montando "plataformas", estas plataformas constan de tres persoas: Dous levantadores e un saltador.
O balón será posto en xogo por un participante do equipo ao que se lle conceda o saque de banda. Cando o balón é recibido polo saltador, destacamos a cuestion de que o balon será disputado por ambos os equipos, este pasará o balón ou non, a un dos seus compañeiros que estarán a esperas de recibir o mesmo.
Está terminantemente prohibido tocar as plataformas se inda están formadas unha vez posto o balón en xogo, é dicir, non podo placar a unha plataforma se esta decide manter o balón, debo de esperar a que o compañeiro que está no aire toque o chan.
A melé
A melé é un aspecto técnico do rugby que se produce cando se comete unha falta en calquera parte do campo de xogo.
A melé está conformada por 8 xogadores de cada equipo no que queremos conseguir a posesión do balón do mesmo xeito que no ruck.
No hay comentarios:
Publicar un comentario