sábado, 15 de febrero de 2014

Semana do monográfico

Moi booas xente!! Esta semana tivemos a semana do monográfico, na que non tivemos clase cos nosos profesores habituais pero si con outros dos cales aprendimos moito e cousas diferentes as que estamos acostumados.

A maioría da semana dedicamola a aprender bailes como a bachata, merengue e salsa, aínda que estivemos balianado outros tipos de bailes como baile galego e danzas do mundo, e ata incluso outros estilos totalmente diferentes como funky ou hip-hop.

Os primeiros días estábamos algo tímido a hora de bailar pero pouco a pouco fumos perdendo esa timidez e soltándonos máis e disfrutando da experiencia.

Algúns dos profes que nos ensinaban estos bailes son grandes profesionais destes estilos como Jandro e Magali, que están sétimos no mundo na modalidade de bailes de salón.

O resto de profes eran rapaces que coma nos estudaron tsafd e facía pouco que tiñan o título e agora adicanse a dar clase de isto, a vez que o compaxinan con outros estudos como o inef.

A verdade é que me gustou moito poder ter a oportunidade de poder aprender algo novo e diferente. 

Por todo isto podo concluir dincindo que a experiencia que me levo desta semana do monográfico e moi boa e espero poder disfrutala igual de ben para o ano.


Estes son uns vídeos nosos balaindo hip-hop, dunha coreografía que fixemos. 







E aquí estos dous profesionais Jandro e Magali




viernes, 7 de febrero de 2014

O Rugby

Hoxe falarei sobre o Rugby, deporte que estamos empezando a ver nesta avialiación.Explicarei un pouco en que consiste este deporte.

O rugby é un xogo de evasión, no que o obxectivo é marcar máis puntos que o equipo contrario durante os 80 minutos que dura un partido.

O partido de rugby, en xeral ten dous tempos de 40 minutos separados por un intervalo de 10 minutos.

O núerero de xogadores é de quince por cada equipo, na modalidade rugby XV, aúnque existen rugby a 13, e rugby seven(7).


 Terreo de xogo



Puntuación

En Rugby os tantos coñecense como ensaios. Os ensaios conséguense cando traspasamos a linea de fondo do equipo contrario.
Cada ensaio ten un valor de 5 puntos.
Cando marcamos un ensaio temos a oportunidade de realizar unha trasformación, que consiste en pegarlle unha patada ao balón para que pase entre os paus da porteria.

O placaje

Como todos os elementos que compoñen o rugby, este é o que máis especificacións posúe, polo seu alto grao de perigo. Este perigo apréciase para as persoas que non teñen o concepto de placar ben desenvolvido.

Legalmente e segundo especifica o regulamento de Rugby, é legal placar dos hombros cara abaixo, aínda que o máis efectivo é placar da cintura cara abaixo, é o máis efectivo.

Cando somos placados: Debemos soltar o balón, deixándoo mirando cara ao noso campo.

Cando placamos: Debemos soltar á persoa que placamos e apartarnos do chan.

Cando se produce un placaje o balón queda disputado no chan polos dous equipos, isto chámase tecnicamente un ruck, o cal explicaremos a continuación.
  
O ruck

Como xa vimos antes o Ruck prodúcese cando o balón tras un placaje, queda disputado no chan polos dous equipos.
Un ruck é unha fase do xogo onde un ou máis xogadores de cada equipo, que están sobre os seus pés, en contacto físico, agrúpanse ao redor da pelota que está no chan.

A touche ou saque de banda

A touche prodúcese cando o balón sae de banda. Realízase montando "plataformas", estas plataformas constan de tres persoas: Dous levantadores e un saltador.
O balón será posto en xogo por un participante do equipo ao que se lle conceda o saque de banda. Cando o balón é recibido polo saltador, destacamos a cuestion de que o balon será disputado por ambos os equipos, este pasará o balón ou non,  a un dos seus compañeiros que estarán a esperas de recibir o mesmo.

Está terminantemente prohibido tocar as plataformas se inda están formadas unha vez posto o balón en xogo, é dicir, non podo placar a unha plataforma se esta decide manter o balón, debo de esperar a que o compañeiro que está no aire toque o chan.

A melé

A melé é un aspecto técnico do rugby que se produce cando se comete unha falta en calquera parte do campo de xogo.
A melé está conformada por 8 xogadores de cada equipo no que queremos conseguir a posesión do balón do mesmo xeito que no ruck.









viernes, 31 de enero de 2014

A viraxe en crol

Olaa de novo !! Pois hoxe falarei un pouco sobre o viraxe de crol, o cal empezmos a practicar fai pouco na piscina. A verdade é que un pouco complicado e a non todos nos sae moi ben pero bueno o que nos interesa é a sua técnica, así que paso a explicar un pouco este viraxe.

Dividiremos o viraxe en varias fases: aproximación, xiro ou viraxe, toque, despegamento ou impulso, deslizamiento e propulsión cara á superficie.

Aproximación: Cando a cabeza do nadador este ao redor de 2 a 3 metros da parede da piscina,, inicia a última tracción, neste caso coa man dereita. A man esquerda continúa impulsando atrás, mentres el mira adiante, á parede.
O nadador mira á parede e toma a decisión de virar e en lugar de recuperar a man esquerda detena ao seu costado e continúa a tracción atrás coa man dereita. Os pés empezan a subir xuntos en preparación a executar un lixeiro.

Xiro ou viraxe: A cabeza é lanzada cara abaixo por flexión do pescozo. As palmas de ambas as mans viraranse de forma que miren cara abaixo; as pernas e os pés permanecen unidos cas rodillas dobradas.O corpo perde a súa aliñación recta a medida que a cabeza continúa cara abaixo e o tronco flexiona.Os pés son batidos cara abaixo e deben axudar a impulsar as cadeiras cara arriba.
A parte dianteira do corpo continúa dobrándose polas cadeiras. A resistencia creada neste punto pola cabeza e o corpo tende a deter a inercia da parte superior do tronco. A inercia cara adiante da parte inferior do tronco e das pernas non resulta tan afectada por esta resistencia, continuando o seu movemento cara adiante e por encima da parte superior do tronco.
A medida que as cadeiras pasan por encima da cabeza, a man esquerda continúa impulsando a auga cara á cabeza. A man dereita, coa palma mirando cara a dentro, actúa de timón, cun movemento lixeiramente circular para facer virar o corpo do nadador sobre o seu eixo lonxitudinal. Os pés non pasan directamente encima da cabeza, senón lixeiramente á dereita da liña media do corpo.
Cando os pés están completamente fora da auga, as pernas recóllense e son lanzadas atrás, cara á parede, mentres as mans acaban a súa acción de dirección. O nadador debe conscientemente virar a súa cabeza e os seus hombros e tentar, sen romper o ritmo do movemento, volverse sobre o costado.

Toque: A viraxe do nadador queda completado e debe situar o corpo en posición para a impulsión desde a parede. As mans, a medida que empezan a ir adiante, case se tocan. Continúa virando o corpo a efectos de situarse sobre o costado.

Despegamento ou impulso: Mentres as pernas empezan a impulsar adiante por medio da extensión das rodillas, os brazos seguen estirándose. O impulso na parede deberá ser potente e explosiva no plano horizontal e nunca inclinarse cara arriba ou cara abaixo.O impulso deberase relizar unha vez que os brazos se xuntan, é dicir realizase a acción de primeiro xuntar e logo impulsar.

Deslizamiento: Os hombros están case completamente a nivel cando ten lugar a impulsión final das pernas. Os brazos ténsanse cara adiante, coa cabeza entre eles, creando unha posición hidrodinámica. A espalda está recta e as pernas e pés están xunto e estendidos.

Propulsión cara á superficie: O nadador debe levantar a cabeza para contribuír a elevarse á superficie. Si se atopa a demasiada profundidade, pode verse obrigado a bater unha ou dúas veces para axudarse a remontar á superficie. Se está a unha profundidade correcta, pode empezar en forma conxunta a bater e a traccionar. Na actualidade o nadador realiza dous batidos de mariposa mentres mantén os seus brazos estirados ata que chega á superficie.
Pode respirar no primeiro movemento de brazos á saída de viraxe (esta técnica é especialmente conveniente nas carreiras de fondo) ou pode executar dous brazadas antes de respirar (como o fai en velocidade).






Aquí queda un vídeo de como se realiza un viraxe en crol.



domingo, 26 de enero de 2014

Natación para bebés


A práctica da natación con bebés é adecuada para que estes adáptense á auga, non debemos esquecer que pasan 9 meses flotando no líquido amniótico, por tanto é un medio natural para eles.

Pero temos que saber, que non son clases para que o bebé aprenda a nadar, pois esta habilidade adquírena os nenos de entre 4 e 5 anos de idade. Son clases para xogar co bebé dentro da auga. Realizar distintos movementos, adquirir habilidades, e o máis importante divertirse e gozar con mamá ou papá do medio acuático.

  • Beneficios que achega a natación aos bebés:
- Desenvolvemento psicomotor: O bebé que aínda non camiña atopa na auga a posibilidade de moverse tridimensionalmente, sendo moito maior a liberdade e continuidade de movementos. Dende moi pequenos  comezan a ter nocións de desprazamento e distancia dunha gran riqueza e sensibilidade, o que redundará nunha maior coordinación motriz.

 - Fortalecemento do sistema cardiorrespiratorio: A natación fortalece o corazón e os pulmóns. Debido ao traballo respiratorio que se realiza na auga auméntase a eficiencia na oxigenación e traslado do sangue.

  - Axuda ao sistema inmunolóxico.

  - Aumenta o coeficiente intelectual: Está demostrado que os bebés que fixeron natación nos 2 primeiros anos de vida desenvolven unha percepción maior do mundo que os rodea, co que xa están a aprender a ser máis creativos e observadores. A auga estimula a capacidade de xogo do neno e este feito repercutirá moi positivamente en aprendizaxes futuras.

 - Mellora e fortalece a relación afectiva e cognitiva entre bebé-mamá-papá: A realización dun programa acuático para un bebé levaralle, xunto cos seus papás a compartir situacións ricas e profundas que non sucederán doutra forma pois se van a xuntar as reaccións innatas e instintivas do bebé coas propias vivencias que xera a práctica da natación, que sen dúbida axudasen ao coñecemento mutuo, alimentando o amor e orgullo de mamá e papá.

 - Inicia a socialización sen traumas nun ambiente lúdico e recreativo: Desenvolvéndose como persoas e a súa contorna dunha forma natural. A convivencia na piscina con outros nenos axudaranlle a relacionarse mellor, ademais de que aprenderá a compartir e realizar actividades xunto a outras persoas. O neno adquire mais confianza para comunicarse e desenvolverse en grupo, xa que estará en constante contacto con instrutores e nenos.

- Desenvolve as habilidades vitais de supervivencia. Un exemplo diso é o aprender a virarse sobre as súas costas e flotar ante unha caída á auga.

- Axuda ao bebé a relaxarse.

- Axuda ao bebé a sentirse máis seguro.

  • Idade do neno e os seus horarios:
É recomendable esperar ata os 3-4 meses de vida, para levar ao bebé á piscina.Podense empezar as clases cando os pais se sintan senguros pero deben de ter en conta que a partir dos 8 ó 9 meses o bebé perderá algúns reflexos innatos moi importantes que sen dúbida serán moi útiles. Por iso os bebés menores dun ano
adáptanse á auga máis rapidamente que os nenos maiores. O medo á auga adquírese conforme o neno vai crecendo; mentres máis tempo estea apartado da auga, probablemente desenvolverá sentimentos de desconfianza e ata fobia, que posteriormente dificultarán en moitos dos casos, a aprendizaxe da natación.

A elección do horario, como outras moitas cousas, elixirao o propio bebé. Deberá ser a unha hora na que non terá que durmir nin comer. Isto é importante para que as sesións de natación non perturben o ritmo diario habitual.

Outra cousa que se deberá ter en conta é o tempo que o pequeno permanecerá na auga da piscina. As primeiras sesións serán curtas e poderán ir aumentando progresivamente ata os 20 minutos como máximo. De todos os xeitos xa se dixo que será o propio bebé quen marque este tipo de pauta, se vemos que ten frío, está incómodo ou chora demasiado debese quitar da piscina.

viernes, 17 de enero de 2014

Saída de crol, mariposa e braza


O pasado luns estivemos na piscina prácticando a saída de crol, mariposa e braza ,así que hoxe farei un breve resumo de como se realiza esta saída.

As fases das que consta unha saída de agarre son: Posición de preparados, tirón, impulso, voo, entrada, deslizamiento e propulsión e saída á superficie.

Cada un do tres estilos, crol, braza emariposa, teñen unha forma distinta de deslizarse baixa a auga despois do salto ata que emerxen á superficie para nadar.

Imos agora ver os movementos:

1.Preparados: 

Corpo flexionado cara a adiante. As mans no bordo anterior do poyete, podendo estar por dentro ou por fóra dos pés.
Os pés están separados á anchura da cadeira e os seus dedos agarrados firmemente ao bordo.
A cabeza atópase de maneira que o nadador observe o bordo da piscina por baixo do poyete de saída.

2.Tirón ou desequilibrio:

 Ao ouvir o sinal o nadador flexiona os seus brazos, á vez que se empuxa coas mans en forma de tirón contra a plataforma de saída, todo o corpo vai cara adiante, nese momento o nadador empeza a caer cara á auga.

3.Impulso ou Despegamento: 

O nadador solta o bordo frontal da plataforma de saída inmediatamente despois de que o corpo empeza a desprazarse cara a adiante, cos xeonllos flexionadas.
Despois de soltar as mans do poyete, os brazos esténdense cara a adiante seguindo un camiño semicircular. Os brazos se flexionan rapidamente durante a primeira metade do movemento ao levalos desde abaixo até a parte inferior da barbilla.
Este é o momento en que se estenden as pernas para impulsar o corpo lonxe da plataforma de saída. Os brazos esténdense cara a adiante e cara abaixo no momento de abandonar a plataforma ata que apunten ao lugar por onde o nadador desexa entrar na auga. A cabeza segue o movemento dos brazos, mirando cara abaixo ao estendelos nesta dirección cando abandonan a plataforma de saída.  As cabezas dos nadadores deben arrincar cara abaixo en dirección ao auga antes de que os pés abandonen a plataforma.

5.Voo:

Despois de abandonar a plataforma de saída, o nadador desprázase polo aire co tronco estendido. Os brazos mantéñense case perpendiculares á auga e as pernas elévanse aliñándose co tronco para efectuar unha entrada hidrodinámica.

6.Entrada: 

Débese tentar que todo o corpo entre na auga a través dun "buraco" imaxinario feito polas mans. O corpo entra na auga en posición hidrodinámica cos brazos xuntos e estendidos. A cabeza colócase cara abaixo entre os brazos. As pernas están completamente estendidas e xuntas e os pés esténdense en punta cara atrás.

7. Deslizamiento: 

Inmediatamente despois de que os brazos, cabeza e parte do tronco entran na auga, prodúcese un cambio de dirección. Isto conséguese levantando as mans cara á superficie e cun golpe cara abaixo coas pernas nun movemento parecido á patada de delfín.

sábado, 11 de enero de 2014

Comezamos de novo !


Boas !! Despois dunhas semaniñas de descanso voltamos de novo.

Logo de unha primeira avaliación na que aprendín moitas cousas e me serviu de moita axuda para coñecer novos deportes dos que antes apenas coñecía, agora comeza a segunda avaliación na que espero seguir aprendendo moito máis para que pouco a pouco me vaia formando como técnica deportiva. Por suposto seguirei compartindo con vos todo o que vaia realizando e aprendendo nas clases.

Este venres foi a primeira clase que tivemos despois das vacacións de nadal, estivemos falando das cousas que realizaremos nesta segunda avaliación. Estes son algúns dos contidos que iremos vendo ao longo do trimestre:

Ás habilidades acuáticas 

Métodoloxía da natación

Indice

- Habilidades básicas:
  • Flotación
  • Respiración
  • Propulsión
- Fases do aprendizaxe:
  • Iniciación. Familiarización co medio acuático.
  • Perfecionamento.
  • Entrenamento
  • Etapas de aprendizaxe e indade.
  • A comunicación da información nas diferentes etapas.
  • O feedback ou retroinformación. 


O venres tamén fumos as pistas a practicar os lanzamentos, xa que nas próximas semanas cada un de nos relizara varias sesións para explicar o resto de compañeiros un lanzamento, ben sexa peso,disco,martelo ou jabalina.Unha nova forma de aprender mediante os nosos compañeiros, que pode resultar moi divertida e positiva.

sábado, 7 de diciembre de 2013

O estilo Mariposa

Ola bloggeiros !! Hoxe imos deixar un pouco de lado os saltos e imos falar sobre un dos estilos máis complexos da natación , o estilo mariposa.

Vou comezar a explicar un pouco este estilo e a sua técnica.


O estilo mariposa, aseméllase ao estilo crol en que os brazos e as pernas móvense de forma similar, coa diferenza de que ambos os trazados se moven simultaneamente.
O batido de mariposa ou batido de delfín é o máis rápido dos catro estilos.Chámaselle batido de delfín  porque o movemento parécese ao dos delfíns. 




Posición do corpo:

Pódense identificar tres posición que o corpo adopta durante cada ciclo e que xogan un papel importante na redución da resistencia ao avance.

- O corpo do nadador debería estar o máis nivelado posible durante as fases máis propulsoras da brazada, é dicir durante o varrido cara a dentro e o barrido ascendente.

- As cadeiras deberían desprazarse cara arriba e cara a adiante a través da superficie durante o primeiro batido descendente.

- A potencia da segunda patada non debería ser tan importante que empuxase as cadeiras do nadador sobre a superficie. Isto afectaría ao recobro dos brazos. Os movementos ascendentes e descendentes do corpo do nadador non deberían ser esaxerados.



A coordinación:

Brazos - Pernas

 -Primeira patada descendente: O batido descendente da primeira patada debería comezar xusto no momento en que as mans entran na auga. O batido descendente continúa durante o varrido cara a fóra e debería completarse xusto antes de efectuar o agarre.

 
- Primeiro batido ascendente: O seguinte batido ascendente ten lugar durante o varrido dos brazos cara a dentro. Este movemento axuda a mellorar a hidrodinámica corporal durante esta fase propulsora da acción de brazos mentres se preparan as pernas para realizar o seguinte batido descendente.


- Segunda patada descendente: O batido descendente da segunda patada debería executarse á vez que o varrido ascendente dos brazos.


- Segundo batido ascendente: O seguinte batido ascendente ten lugar durante o recobro dos brazos. Esta acción realiza as mesmas funcións que o batido ascendente da primeira patada.
Leva as pernas cara arriba preto da superficie para colocar o corpo plano no momento en que nadador se está desacelerando. Tamén coloca as pernas en posición para executar o batido descendente da seguinte patada.




Acción de pernas:

O batido de  mariposa consiste nun batido cara abaixo ou descendente e outro batido cara arriba ou ascendente. Hai dous batidos de pernas cara abaixo por cada brazada, é dicir, por cada brazada de mariposa danse dous batidos de pés. O primeiro batido ocorre cando entran os brazos na auga; e o segundo, cando as mans empuxan cara atrás na fase de empuxe da brazada.



Acción de brazos:

A acción de brazos , pódese describir como unha acción simultánea dos brazos de crol cuxas fases constan de tres varridos diagonais e un recobro. Os varridos utilizados son o varrido cara a fóra, incluíndo a entrada e o agarre, o varrido cara a dentro e o varrido ascendente.





A respiración:
 
A  inspiración se realza antes de que as mans saian da auga e a cabeza debe baixar antes de que as mans entren na auga.




Saída:

As fases das que consta unha saída de agarre son: Posición de preparados, tirón, impulso, voo, entrada, deslizamiento e propulsión e saída á superficie.
Unha saída estará completada cando o nadador empece a nadar sobre a superficie da auga.



Para rematar deixo un vídeo dun grande;  Michael Phelps