domingo, 26 de enero de 2014

Natación para bebés


A práctica da natación con bebés é adecuada para que estes adáptense á auga, non debemos esquecer que pasan 9 meses flotando no líquido amniótico, por tanto é un medio natural para eles.

Pero temos que saber, que non son clases para que o bebé aprenda a nadar, pois esta habilidade adquírena os nenos de entre 4 e 5 anos de idade. Son clases para xogar co bebé dentro da auga. Realizar distintos movementos, adquirir habilidades, e o máis importante divertirse e gozar con mamá ou papá do medio acuático.

  • Beneficios que achega a natación aos bebés:
- Desenvolvemento psicomotor: O bebé que aínda non camiña atopa na auga a posibilidade de moverse tridimensionalmente, sendo moito maior a liberdade e continuidade de movementos. Dende moi pequenos  comezan a ter nocións de desprazamento e distancia dunha gran riqueza e sensibilidade, o que redundará nunha maior coordinación motriz.

 - Fortalecemento do sistema cardiorrespiratorio: A natación fortalece o corazón e os pulmóns. Debido ao traballo respiratorio que se realiza na auga auméntase a eficiencia na oxigenación e traslado do sangue.

  - Axuda ao sistema inmunolóxico.

  - Aumenta o coeficiente intelectual: Está demostrado que os bebés que fixeron natación nos 2 primeiros anos de vida desenvolven unha percepción maior do mundo que os rodea, co que xa están a aprender a ser máis creativos e observadores. A auga estimula a capacidade de xogo do neno e este feito repercutirá moi positivamente en aprendizaxes futuras.

 - Mellora e fortalece a relación afectiva e cognitiva entre bebé-mamá-papá: A realización dun programa acuático para un bebé levaralle, xunto cos seus papás a compartir situacións ricas e profundas que non sucederán doutra forma pois se van a xuntar as reaccións innatas e instintivas do bebé coas propias vivencias que xera a práctica da natación, que sen dúbida axudasen ao coñecemento mutuo, alimentando o amor e orgullo de mamá e papá.

 - Inicia a socialización sen traumas nun ambiente lúdico e recreativo: Desenvolvéndose como persoas e a súa contorna dunha forma natural. A convivencia na piscina con outros nenos axudaranlle a relacionarse mellor, ademais de que aprenderá a compartir e realizar actividades xunto a outras persoas. O neno adquire mais confianza para comunicarse e desenvolverse en grupo, xa que estará en constante contacto con instrutores e nenos.

- Desenvolve as habilidades vitais de supervivencia. Un exemplo diso é o aprender a virarse sobre as súas costas e flotar ante unha caída á auga.

- Axuda ao bebé a relaxarse.

- Axuda ao bebé a sentirse máis seguro.

  • Idade do neno e os seus horarios:
É recomendable esperar ata os 3-4 meses de vida, para levar ao bebé á piscina.Podense empezar as clases cando os pais se sintan senguros pero deben de ter en conta que a partir dos 8 ó 9 meses o bebé perderá algúns reflexos innatos moi importantes que sen dúbida serán moi útiles. Por iso os bebés menores dun ano
adáptanse á auga máis rapidamente que os nenos maiores. O medo á auga adquírese conforme o neno vai crecendo; mentres máis tempo estea apartado da auga, probablemente desenvolverá sentimentos de desconfianza e ata fobia, que posteriormente dificultarán en moitos dos casos, a aprendizaxe da natación.

A elección do horario, como outras moitas cousas, elixirao o propio bebé. Deberá ser a unha hora na que non terá que durmir nin comer. Isto é importante para que as sesións de natación non perturben o ritmo diario habitual.

Outra cousa que se deberá ter en conta é o tempo que o pequeno permanecerá na auga da piscina. As primeiras sesións serán curtas e poderán ir aumentando progresivamente ata os 20 minutos como máximo. De todos os xeitos xa se dixo que será o propio bebé quen marque este tipo de pauta, se vemos que ten frío, está incómodo ou chora demasiado debese quitar da piscina.

viernes, 17 de enero de 2014

Saída de crol, mariposa e braza


O pasado luns estivemos na piscina prácticando a saída de crol, mariposa e braza ,así que hoxe farei un breve resumo de como se realiza esta saída.

As fases das que consta unha saída de agarre son: Posición de preparados, tirón, impulso, voo, entrada, deslizamiento e propulsión e saída á superficie.

Cada un do tres estilos, crol, braza emariposa, teñen unha forma distinta de deslizarse baixa a auga despois do salto ata que emerxen á superficie para nadar.

Imos agora ver os movementos:

1.Preparados: 

Corpo flexionado cara a adiante. As mans no bordo anterior do poyete, podendo estar por dentro ou por fóra dos pés.
Os pés están separados á anchura da cadeira e os seus dedos agarrados firmemente ao bordo.
A cabeza atópase de maneira que o nadador observe o bordo da piscina por baixo do poyete de saída.

2.Tirón ou desequilibrio:

 Ao ouvir o sinal o nadador flexiona os seus brazos, á vez que se empuxa coas mans en forma de tirón contra a plataforma de saída, todo o corpo vai cara adiante, nese momento o nadador empeza a caer cara á auga.

3.Impulso ou Despegamento: 

O nadador solta o bordo frontal da plataforma de saída inmediatamente despois de que o corpo empeza a desprazarse cara a adiante, cos xeonllos flexionadas.
Despois de soltar as mans do poyete, os brazos esténdense cara a adiante seguindo un camiño semicircular. Os brazos se flexionan rapidamente durante a primeira metade do movemento ao levalos desde abaixo até a parte inferior da barbilla.
Este é o momento en que se estenden as pernas para impulsar o corpo lonxe da plataforma de saída. Os brazos esténdense cara a adiante e cara abaixo no momento de abandonar a plataforma ata que apunten ao lugar por onde o nadador desexa entrar na auga. A cabeza segue o movemento dos brazos, mirando cara abaixo ao estendelos nesta dirección cando abandonan a plataforma de saída.  As cabezas dos nadadores deben arrincar cara abaixo en dirección ao auga antes de que os pés abandonen a plataforma.

5.Voo:

Despois de abandonar a plataforma de saída, o nadador desprázase polo aire co tronco estendido. Os brazos mantéñense case perpendiculares á auga e as pernas elévanse aliñándose co tronco para efectuar unha entrada hidrodinámica.

6.Entrada: 

Débese tentar que todo o corpo entre na auga a través dun "buraco" imaxinario feito polas mans. O corpo entra na auga en posición hidrodinámica cos brazos xuntos e estendidos. A cabeza colócase cara abaixo entre os brazos. As pernas están completamente estendidas e xuntas e os pés esténdense en punta cara atrás.

7. Deslizamiento: 

Inmediatamente despois de que os brazos, cabeza e parte do tronco entran na auga, prodúcese un cambio de dirección. Isto conséguese levantando as mans cara á superficie e cun golpe cara abaixo coas pernas nun movemento parecido á patada de delfín.

sábado, 11 de enero de 2014

Comezamos de novo !


Boas !! Despois dunhas semaniñas de descanso voltamos de novo.

Logo de unha primeira avaliación na que aprendín moitas cousas e me serviu de moita axuda para coñecer novos deportes dos que antes apenas coñecía, agora comeza a segunda avaliación na que espero seguir aprendendo moito máis para que pouco a pouco me vaia formando como técnica deportiva. Por suposto seguirei compartindo con vos todo o que vaia realizando e aprendendo nas clases.

Este venres foi a primeira clase que tivemos despois das vacacións de nadal, estivemos falando das cousas que realizaremos nesta segunda avaliación. Estes son algúns dos contidos que iremos vendo ao longo do trimestre:

Ás habilidades acuáticas 

Métodoloxía da natación

Indice

- Habilidades básicas:
  • Flotación
  • Respiración
  • Propulsión
- Fases do aprendizaxe:
  • Iniciación. Familiarización co medio acuático.
  • Perfecionamento.
  • Entrenamento
  • Etapas de aprendizaxe e indade.
  • A comunicación da información nas diferentes etapas.
  • O feedback ou retroinformación. 


O venres tamén fumos as pistas a practicar os lanzamentos, xa que nas próximas semanas cada un de nos relizara varias sesións para explicar o resto de compañeiros un lanzamento, ben sexa peso,disco,martelo ou jabalina.Unha nova forma de aprender mediante os nosos compañeiros, que pode resultar moi divertida e positiva.

sábado, 7 de diciembre de 2013

O estilo Mariposa

Ola bloggeiros !! Hoxe imos deixar un pouco de lado os saltos e imos falar sobre un dos estilos máis complexos da natación , o estilo mariposa.

Vou comezar a explicar un pouco este estilo e a sua técnica.


O estilo mariposa, aseméllase ao estilo crol en que os brazos e as pernas móvense de forma similar, coa diferenza de que ambos os trazados se moven simultaneamente.
O batido de mariposa ou batido de delfín é o máis rápido dos catro estilos.Chámaselle batido de delfín  porque o movemento parécese ao dos delfíns. 




Posición do corpo:

Pódense identificar tres posición que o corpo adopta durante cada ciclo e que xogan un papel importante na redución da resistencia ao avance.

- O corpo do nadador debería estar o máis nivelado posible durante as fases máis propulsoras da brazada, é dicir durante o varrido cara a dentro e o barrido ascendente.

- As cadeiras deberían desprazarse cara arriba e cara a adiante a través da superficie durante o primeiro batido descendente.

- A potencia da segunda patada non debería ser tan importante que empuxase as cadeiras do nadador sobre a superficie. Isto afectaría ao recobro dos brazos. Os movementos ascendentes e descendentes do corpo do nadador non deberían ser esaxerados.



A coordinación:

Brazos - Pernas

 -Primeira patada descendente: O batido descendente da primeira patada debería comezar xusto no momento en que as mans entran na auga. O batido descendente continúa durante o varrido cara a fóra e debería completarse xusto antes de efectuar o agarre.

 
- Primeiro batido ascendente: O seguinte batido ascendente ten lugar durante o varrido dos brazos cara a dentro. Este movemento axuda a mellorar a hidrodinámica corporal durante esta fase propulsora da acción de brazos mentres se preparan as pernas para realizar o seguinte batido descendente.


- Segunda patada descendente: O batido descendente da segunda patada debería executarse á vez que o varrido ascendente dos brazos.


- Segundo batido ascendente: O seguinte batido ascendente ten lugar durante o recobro dos brazos. Esta acción realiza as mesmas funcións que o batido ascendente da primeira patada.
Leva as pernas cara arriba preto da superficie para colocar o corpo plano no momento en que nadador se está desacelerando. Tamén coloca as pernas en posición para executar o batido descendente da seguinte patada.




Acción de pernas:

O batido de  mariposa consiste nun batido cara abaixo ou descendente e outro batido cara arriba ou ascendente. Hai dous batidos de pernas cara abaixo por cada brazada, é dicir, por cada brazada de mariposa danse dous batidos de pés. O primeiro batido ocorre cando entran os brazos na auga; e o segundo, cando as mans empuxan cara atrás na fase de empuxe da brazada.



Acción de brazos:

A acción de brazos , pódese describir como unha acción simultánea dos brazos de crol cuxas fases constan de tres varridos diagonais e un recobro. Os varridos utilizados son o varrido cara a fóra, incluíndo a entrada e o agarre, o varrido cara a dentro e o varrido ascendente.





A respiración:
 
A  inspiración se realza antes de que as mans saian da auga e a cabeza debe baixar antes de que as mans entren na auga.




Saída:

As fases das que consta unha saída de agarre son: Posición de preparados, tirón, impulso, voo, entrada, deslizamiento e propulsión e saída á superficie.
Unha saída estará completada cando o nadador empece a nadar sobre a superficie da auga.



Para rematar deixo un vídeo dun grande;  Michael Phelps




sábado, 30 de noviembre de 2013

Triple salto


O outro día estiven falando do salto de lonxitude, pois hoxe falarei sobre triple salto.

O triple salto, realízase nun lugar moi similar ao do salto de lonxitude, o único que cambia é o lugar de situación da táboa de batida, que se sitúa máis lonxe do foso. A distancia do salto mídese desde a táboa de batida até a marca máis atrasada sobre a area feita por calquera parte do corpo do atleta.

 A instalación para este tipo de salto é a mesma que para o salto de lonxitude, excepto en competicións internacionais nas que a táboa de batida está situada a 13 m. para os homes e 11 m. para as mulleres, desde o borde máis próximo do foso de caída.

Os competidores, corren ao longo dunha pista de aceleración cara unha plancha de despegamento, onde a través de 3 impulsos tentan alcanzar a maior distancia posible.

Para realizar un triplo salto hai que realizar unha secuencia de pasos. O primeiro é un salto a pé a pata coxa, no segundo faise outro salto repetindo a primeira perna e no terceiro efectúase un cambio de perna, sendo este o último impulso antes de caer na area. O salto segue unha das dúas secuencias de pernas: esquerda, esquerda, dereita e caída ou dereita, dereita, esquerda e caída.


Técnica

Dividiremos a técica nas seguintes fases:

Carreira de aproximación:

É moi parecida a do salto de lonxitude pero máis homoxénea.


Primeiro salto

O saltador deberá efectuar unha batida máis profunda que a dun salto de lonxitude, aínda que o despegamento sexa similar.
Na suspensión as pernas realizan o xesto de "2 pasos" no aire. O tronco permanece en todo momento en posición vertical.
A perna de batida que queda atrasada despois do segundo paso adiántase estendéndose e buscando activamente o chan na aterrizaxe. A perna que se bateu é a mesma que a que vai bater de novo no segundo salto. 

Segundo salto
  
Iníciase no momento en que o pé da perna de batida toma contacto co chan despois da súa acción circular.
Non é máis que unha zancada en profundidade. O tronco permanece recto, a perna libre flexionada pola muslo,mantense á altura das cadeiras e a de atrás, tamén flexionada tras o seu impulso, trata de achegarse á de diante.


Terceiro salto

É parecido o salto de lonxitude.O atleta chega con moito menos velocidade horizontal que o saltador de lonxitude, polo que o triplista, na fase de suspensión, só poderá facer, ou un salto natural ou un salto en extensión.




Métodos de salto

Distinguiremos dous métodos de salto :

Método polaco

- A cordinación dos brazos e das pernas é natural.
- Os saltos son rasantes.
- Batidas breves.

 Método de accións simultaneas

- Accións simultanea dos brazos.
- As suspensións son máis altas.
- Batidas máis largas.




domingo, 17 de noviembre de 2013

Salto de lonxitude


Hoxe imos falar un pouco sobre o salto de lonxitude que empezamos a ver o outo día na clase.

Esta proba, xunto á de triplo salto, constitúen os únicos saltos de tipo horizontal. Os competidores (homes e mulleres) corren ao esprín por unha pista de aceleración e saltan desde un listón fixado ao chan até un banco de area.

A pista de aceleración non ten unha lonxitude concreta, pero adoita medir uns 45 m.

A táboa de batida estará situada entre 1 e 3 metros antes do foso. A continuación desta colocarase unha táboa cuberta de plastilina ou similar que permita a visibilidade da proba no caso de ser pasada e/ou pisada.

A área de aterrizaxe ou foso é un banco de area húmida, de 3 m. de ancho e 10 m. de lonxitude (empezando a un metro como mínimo desde a liña de despegamento).






 Resulta gañodor da proba será a persoa que consiga saltar a maior lonxitude.


 Agora expliacarei un pouco a técnica deste tipo de salto.


Fase de carreira

Debe ser previamente talonada (medida con precisión), debe realizarse en progresión e con gran elevación do muslo. O penúltimo apoio é mais longo que os demais e o último é o máis curto.


Fase de batida

Comeza co apoio do pé de batida sobre a táboa e acaba coa perda dese contacto. O pé de batida chega á táboa de planta. A extensión da perna de batida será completa e coincide coa elevación da perna libre flexionada. Nesta fase tamén existe un movemento enérxico de brazos.


Fase de suspensión ou voo

Existen tres técnicas nos movementos que executa o atleta durante esta fase. Ditos movementos van encamiñados a adoptar unha posición final máis equilibrada e rendible:


-Técnica Natural: para saltos de pouca lonxitude e principiantes.Durante a suspensión a perna de batida únese á libre e nesa posición de "sentado" efectúase a translación.

-Técnica extensión: consiste en estirar as pernas e flexionar a espalda cara a adiante. Manter esta posición evitando que baixen as pernas na caída.

-Técnica de paso ou tesoiras: o saltador péchase de forma continua, coma se estivese a correr no aire. En función do número de pasos que realice poderá denominarse "salto de 2 e medio" , "3 e medio" ou "retra e medio". Para efectuar o medio, o atleta recolle a perna libre e moi flexionada lévaa cara a adiante, semiextendéndoa cara á horizontal e aproximadamente á mesma altura que a perna de batida. Para propiciar o equilibrio dos movementos de pernas, os brazos realizan rotacións a nivel da articulación do hombro e no sentido de atrás adiante. Estas accións van totalmente coordinadas cos movementos das pernas. Déanse os pasos que se dean, finaliza a secuencia cunha flexión de tronco adiante sen que baixen as pernas. Desta forma o salto ten boa proxección.





Fase de caída

A caida realízase sobre os talóns e coas pernas estendidas, intentando caer o máis lonxe posible da liña de batida, e recuperando o equilibrio despois de facer o sinal de caida.









Deixo aquí dous vídeos para que vexades como se realiza o salto de lonxitude. Fixádevos !!!



                                                            

                        
                                           
                                             

viernes, 8 de noviembre de 2013

Rugby tag


A verdade é que pouco coñecia este deoprte ata este ano que tiven oportinidade de realizalo e aprender sobre él, así que aquí vos explico en que consiste e os seus obxectivos.


Que é o rugby tag ?



É un novo concepto de rugby, rugby sen o contacto físico. Os xogadores levan un cinto e pegadas a ambos os dous lados, con velcro, colgan dúas cintas.

Consta dun equipo de 12 xogadores con 7 no campo. Cando o equipo defensor (sen o balón) quita a cinta a un xogador do equipo atacante (co balón), isto considérase un placaxe. É un deporte rápido de habilidade, que se pode practicar tanto de forma amigable como a nivel de competición.

Rugby tag é un deporte sen contacto, calquera forma de contacto intencional está prohibido e pode ser sancionado cun cartón amarelo ou vermello, (o xogador ten que abandonar o campo de xogo). Calquera forma de contacto non intencionada pode ser sancionada cun golpe de castigo e/ou cambio de posesión.


Como se xoga ao Rugby tag ?

 

  
Obxectivo do equipo en ataque

O equipo en ataque ten que tentar marcar un ensaio. Para marcar un ensaio ten que poñer o balón na o chan detrás da liña de marca e antes da liña de morto. Terá 5 oportunidades para marcar con cada posesión (aparte se hai unha falta). Cada vez que a defensa quita unha cinta, perde unha oportunidade.



Obxectivo do equipo en defensa
 
O equipo en defensa ten que tentar quitar a cinta do xogador que posúe o balón.


 Golpe franco

Cada vez que un equipo recibe novamente a posesión do balón iníciase o xogo cun golpe franco. O xogador que fai o golpe franco pode pasar o balón a outro xogador do seu equipo ou correr el mesmo.


Roll Ball

Para iniciar o xogo despois dun "Tag" (cando a defensa quita unha cinta do xogador en ataque con posesión do balón) o xogador que lle quitaron a cinta, volve ao momento de "Tag" e ten que pasar o balón atrás cun pé a outro xogador do seu equipo.





Saque de Centro

Para iniciar cada parte do xogo ou despois dun ensaio sácase desde o centro. O balón ten que ir polo menos 5 metros diante no saque de centro.


Gañador

O equipo con maior número de ensaios é o gañador.








Pois este é breve resumo de como se xoga o Rugby tag. Animo a todos aqueles que nunca o prácticaron a que o fagan xa que é un deporte en equipo, diferente, pero que resulta moi divertido !!