sábado, 10 de mayo de 2014

Aquafitness


Unha forma de adelagazar , mellorar a musculatura e gañar capacidade de movemento mentres nos divertimos na piscina é o aquafitness.

Este deporte, que tamén se coñece como aquagym, é unha variante do popular aeróbic que atestou as salas dos ximnasios na década dos 80 da man das famosas Jane Fonda ou, en España, Eva Nasarre. A novidade: agora practícase dentro da auga o que o fai moito máis completo.


Neste sentido, o aquafitness consiste na realización de diferentes tipos de exercicio dentro dunha piscina con pouca profundidade, aínda que é aconsellable que teña diferentes profundidades para poder alternar un maior número de exercicios. E é que, dentro da auga temos unha gran vantaxe que non nos pode achegar unha sala de ximnasio convencional ou a nosa propia sala de estar na casa, que non é outra que a de volvernos máis liviáns debido á flotabilidade no medio acuoso. Debido a isto, teremos a capacidade de facer exercicios con menos risco, porque o impacto que reciben as articulacións é moito menor. Aínda que o esforzo sexa maior, podemos conseguir movementos máis suaves e precisos por poder realizalos máis detidamente e, polo tanto, o éxito do exercicio é maior que fóra da auga.

O aquafitness naceu como un exercicio pensado para persoas maiores cunha mobilidade máis reducida; así, servía de terapia para mellorar aspectos psicomotrices que, coa idade, se van perdendo debido ao desgaste dos ósos e á perda de tono muscular. Non obstante, calquera que completase unha sesión de aquafitness actual non pode dicir que é un deporte para xente maior, xa que é duro de realizar aínda que moi reconfortante. Loxicamente, o aquagym foi variando cos anos dende esa terapia psicomotriz e, hoxe en día, é perfecto para todas as idades, posto que se pode adaptar sen problemas á capacidade física dos participantes. 

O éxito do aquafitness radica na combinación de dúas características que resultan moi atraentes e beneficiosas. En primeiro lugar, o feito de que se realice na auga a unha temperatura que oscila entre os 28ºC e os 31ºC fai que a temperatura do corpo se vaia regulando e a nosa sensación corporal sexa moito máis agradable, á vez que os movementos na auga nos fan sentir máis cómodos e, mesmo, nos relaxan. Ademais, o feito de escoitar música mentres se realiza o deporte provoca que nos divirtamos máis facendo o exercicio e, mesmo, socialicemos con máis facilidade.


En principio a práctica do aquafitness é adecuada para todas as persoas sen importar a idade, a capacidade física nin o tono muscular, posto que se pode realizar con maior ou menos intensidade. Ademais, o feito de que haxa diferentes variedades con distintos niveis de esixencia fai que poidamos elixir o máis axeitado para cada un de nós.

Non obstante, se sufrimos algún tipo de enfermidade ou lesión debemos consultar un especialista para que nos alerte sobre os posibles riscos da súa práctica na nosa situación particular. O noso médico explicaranos que tipo de exercicio físico é o máis indicado segundo o noso estado de saúde e, se é necesario, determinará a idoneidade de realizar unha proba de esforzo, sobre todo no caso de pacientes con problemas cardíacos.

  


 

No hay comentarios:

Publicar un comentario