domingo, 18 de mayo de 2014

O Courel


Este pasado xoves e venres, fumos facer senderismo a serra do Courel.

Contareivos una pouco sobre a serra do Courel.

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, estende polos municipios da Bisbarra do Courel: Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten unha extensión de 21.020 hectáreas con fortes variacións de altitude que van dende os 400-500 m do val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Páxaro (1610 m). 




Natureza e Fauna


A serra do Caurel alberga a maior xoia natural de Galicia, a DevesaRogueira, un bosque autóctono, onde convive a práctica totalidade das especies vexetais naturais de Galicia que non teñen ámbito costeiro, destacan os castiñeiros, acivros, teñas, teixos, carballos e bidueiros e orquídeas salvaxes, pero pola bisbarra é tamén posible encontrar especies como aciñeiras, sobreiras, mesmo algunha oliveira máis vinculadas ao clima mediterráneo, algunhas delas tamén con presenza na DevesaRogueira.


A nivel de fauna, a zona se condiera un area secundaria da fauna cantábrica, onde se manifesta desaparición das especies máis significativas(lobo e oso) durante o século XX, se ben se encontran ocasionalmente trazas de que esas especies visitan a bisbarra sen chegar a establecerse de xeito habitual. Na serra pódense atopar moitos corzos e sobre todo jabalís. A nivel piscícola, a calidade das augas da bisbarra permite a cría de troita branca.

 


Historia e xeografía


A xeografía da propia serra vai vinculada á súa historia, así o pico de Pía Paxaro, debe o seu nome a que foi encontrada no seu cume unha aguia metálica da época imperial romana, non obstante os traballos arqueolóxicos realizados na zona son de escasa importancia ao tratarse dun enclave moi retirado das grandes rutas comerciais romanas, existe a poucos minutos da aldea de Romeor un primitivo acueduto da época romana, tamén están ben documentadas algunhas explotacións auríferas da mesma epoca. As construciones etnoloxicamente importantes son as pallozas, se ben resultan a día de hoxe escasas. Existen aínda algunhas antigas pontes de madeira cruzando amplos rios que deberían ser restaurados para a súa conservación.


A nosa saída o Courel

Chegamos o Courel o xoves a mañán , emprendimos a nosa marcha cara a punta Louseira dos Carris. Estivemos anadando ata as tres da tarde facendo, pequenos descansos. Despois paramos a comer e seguimos a nosa camiñata ata media tarde. En total andariamos uns 18 km.

Chegamos o camping de Seone do Courel onde pasariamos a noite. Descansamos un pouco e deseguido fumos o rio, a pesar de que auga estaba moi frio houbo algún atrevido que se bañou.




Despois fumos para os bungalows a ducharnos e a descansar , algún subiron a Seoane, o pobo o que pertence o camping, pero outros decidimos quedarnos no camping descansado.

 
























As oito e media servironnos a cea. Despois de cear cando se fixo algo de noite , realizamos xogos de campamentos.  A verdade que o pasamonos moi ben xogando a estes xogos , un dos que máis me gustou foi o do escondite inverso: todos pandábamos e un tiñase que esconder , e unha vez que encontrábamos o que se esconderá tiñaste que esconder con él , ata que só quedara unha persoa. O que se escondeu foi Álvaro e estivemos buscando del pero foi imposible atopalo.
Despois estivemos contando uns contos e rindonos un pouco, pero logo nos fumos durmir xa que o día seguinte as nove habiase que levantar.
O venres a maña levantamonos cedo estivemos recollendo as habitacións que logo fumos almorzar para volver emprender outra camiñata , esta vez non tan larga. Andivesmos ata cerca da unha do mediodia e logo estivemos tomando algo por Seoane. Despois baixamos xantar o camping e logo xa nos viñemos para Lugo.
A verdade é que foi unha excursión que me gustou moito,  paseino moi ben e coñecin o Courel. Acabei moi cansada xa que tivemos que andar moito pero non me arrepinto xa que a espereincia valeu a pena , ademáis tivemos a sorte de que nos fixo moi bo tempo. Espero volver pronto a esta serra.



















No hay comentarios:

Publicar un comentario