O outro día estiven falando do salto de lonxitude, pois hoxe falarei sobre triple salto.
O triple salto, realízase nun lugar moi similar ao do salto de lonxitude, o único que cambia é o lugar de situación da táboa de batida, que se sitúa máis lonxe do foso. A distancia do salto mídese desde a táboa de batida até a marca máis atrasada sobre a area feita por calquera parte do corpo do atleta.
A instalación para este tipo de salto é a mesma que para o salto de lonxitude, excepto en competicións internacionais nas que a táboa de batida está situada a 13 m. para os homes e 11 m. para as mulleres, desde o borde máis próximo do foso de caída.
Os competidores, corren ao longo dunha pista de aceleración cara unha
plancha de despegamento, onde a través de 3 impulsos tentan alcanzar a
maior distancia posible.
Para realizar un triplo salto hai que realizar unha secuencia de pasos. O primeiro é un salto a pé a pata coxa, no segundo faise outro salto repetindo a primeira perna e no terceiro efectúase un cambio de perna, sendo este o último impulso antes de caer na area. O salto segue unha das dúas secuencias de pernas: esquerda, esquerda, dereita e caída ou dereita, dereita, esquerda e caída.
Técnica
Dividiremos a técica nas seguintes fases:
Carreira de aproximación:
É moi parecida a do salto de lonxitude pero máis homoxénea.
Primeiro salto
O saltador deberá efectuar unha batida máis profunda que a dun salto de lonxitude, aínda que o despegamento sexa similar.
Na suspensión as pernas realizan o xesto de "2 pasos" no aire. O tronco permanece en todo momento en posición vertical.
A perna de batida que queda atrasada despois do segundo paso adiántase estendéndose e buscando activamente o chan na aterrizaxe. A perna que se bateu é a mesma que a que vai bater de novo no segundo salto.
Segundo salto
Iníciase no momento en que o pé da perna de batida toma contacto co chan despois da súa acción circular.
Non
é máis que unha zancada en profundidade. O tronco permanece recto, a
perna libre flexionada pola muslo,mantense á altura das
cadeiras e a de atrás, tamén flexionada tras o seu impulso, trata de
achegarse á de diante.
Terceiro salto É parecido o salto de lonxitude.O atleta chega con moito menos velocidade horizontal que o saltador de lonxitude, polo que o triplista, na fase de suspensión, só poderá facer, ou un salto natural ou un salto en extensión.
Métodos de salto
Distinguiremos dous métodos de salto :
Método polaco
- A cordinación dos brazos e das pernas é natural.
- Os saltos son rasantes. - Batidas breves.
Método de accións simultaneas
- Accións simultanea dos brazos.
- As suspensións son máis altas.
- Batidas máis largas.
Hoxe imos falar un pouco sobre o salto de lonxitude que empezamos a ver o outo día na clase.
Esta proba, xunto á de triplo salto, constitúen os únicos saltos de tipo horizontal. Os competidores (homes e mulleres) corren ao esprín por unha pista de aceleración e saltan desde un listón fixado ao chan até un banco de area.
A pista de aceleración non ten unha lonxitude concreta, pero adoita medir uns 45 m.
A táboa de batida estará situada entre 1 e 3 metros antes do foso. A continuación desta colocarase unha táboa cuberta de plastilina ou similar que permita a visibilidade da proba no caso de ser pasada e/ou pisada.
A área de aterrizaxe ou foso é un banco de area húmida, de 3 m. de ancho e 10 m. de lonxitude (empezando a un metro como mínimo desde a liña de despegamento).
Resulta gañodor da proba será a persoa que consiga saltar a maior lonxitude.
Agora expliacarei un pouco a técnica deste tipo de salto.
Fase de carreira
Debe ser previamente talonada (medida con precisión), debe realizarse en progresión e con gran elevación do muslo. O penúltimo apoio é mais longo que os demais e o último é o máis curto.
Fase de batida
Comeza co apoio do pé de batida sobre a táboa e acaba coa perda dese contacto. O pé de batida chega á táboa de planta. A extensión da perna de batida será completa e coincide coa elevación da perna libre flexionada. Nesta fase tamén existe un movemento enérxico de brazos.
Fase de suspensión ou voo
Existen tres técnicas nos movementos que executa o atleta durante esta fase. Ditos movementos van encamiñados a adoptar unha posición final máis equilibrada e rendible:
-Técnica Natural: para saltos de pouca lonxitude e principiantes.Durante a suspensión a perna de batida únese á libre e nesa posición de "sentado" efectúase a translación.
-Técnica extensión: consiste en estirar as pernas e flexionar a espalda cara a adiante. Manter esta posición evitando que baixen as pernas na caída.
-Técnica de paso ou tesoiras: o saltador péchase de forma continua, coma se estivese a correr no aire. En función do número de pasos que realice poderá denominarse "salto de 2 e medio" , "3 e medio" ou "retra e medio". Para efectuar o medio, o atleta recolle a perna libre e moi flexionada lévaa cara a adiante, semiextendéndoa cara á horizontal e aproximadamente á mesma altura que a perna de batida. Para propiciar o equilibrio dos movementos de pernas, os brazos realizan rotacións a nivel da articulación do hombro e no sentido de atrás adiante. Estas accións van totalmente coordinadas cos movementos das pernas. Déanse os pasos que se dean, finaliza a secuencia cunha flexión de tronco adiante sen que baixen as pernas. Desta forma o salto ten boa proxección.
Fase de caída
A caida realízase sobre os talóns e coas pernas estendidas, intentando caer o máis lonxe posible da liña de batida, e recuperando o equilibrio despois de facer o sinal de caida.
Deixo aquí dous vídeos para que vexades como se realiza o salto de lonxitude. Fixádevos !!!
A verdade é que pouco coñecia este deoprte ata este ano que tiven oportinidade de realizalo e aprender sobre él, así que aquí vos explico en que consiste e os seus obxectivos.
Que é o rugby tag ?
É un novo concepto de rugby, rugby sen o contacto físico. Os xogadores levan un cinto e pegadas a ambos os dous lados, con velcro, colgan dúas cintas.
Consta dun equipo de 12 xogadores con 7 no campo. Cando o equipo defensor (sen o balón) quita a cinta a un xogador do equipo atacante (co balón), isto considérase un placaxe. É un deporte rápido de habilidade, que se pode practicar tanto de forma amigable como a nivel de competición.
Rugby tag é un deporte sen contacto, calquera forma de contacto intencional está prohibido e pode ser sancionado cun cartón amarelo ou vermello, (o xogador ten que abandonar o campo de xogo). Calquera forma de contacto non intencionada pode ser sancionada cun golpe de castigo e/ou cambio de posesión.
Como se xoga ao Rugby tag ?
Obxectivo do equipo en ataque
O equipo en ataque ten que tentar marcar un ensaio. Para marcar un ensaio ten que poñer o balón na o chan detrás da liña de marca e antes da liña de morto. Terá 5 oportunidades para marcar con cada posesión (aparte se hai unha falta). Cada vez que a defensa quita unha cinta, perde unha oportunidade.
Obxectivo do equipo en defensa
O equipo en defensa ten que tentar quitar a cinta do xogador que posúe o balón.
Golpe franco
Cada vez que un equipo recibe novamente a posesión do balón iníciase o xogo cun golpe franco. O xogador que fai o golpe franco pode pasar o balón a outro xogador do seu equipo ou correr el mesmo.
Roll Ball
Para iniciar o xogo despois dun "Tag" (cando a defensa quita unha cinta do xogador en ataque con posesión do balón) o xogador que lle quitaron a cinta, volve ao momento de "Tag" e ten que pasar o balón atrás cun pé a outro xogador do seu equipo.
Saque de Centro
Para iniciar cada parte do xogo ou despois dun ensaio sácase desde o centro. O balón ten que ir polo menos 5 metros diante no saque de centro.
Gañador
O equipo con maior número de ensaios é o gañador.
Pois este é breve resumo de como se xoga o Rugby tag. Animo a todos aqueles que nunca o prácticaron a que o fagan xa que é un deporte en equipo, diferente, pero que resulta moi divertido !!
Este pasado sábado fumosa unha carreira de orientación a Guitiriz. A verdade é que poucas veces
relizara este deporte, pero este ano puiden coñecelo e practicalo un pouco máis.
Para os que pouco sepan sobre a orientcion aquí vos explico
un pouco en que consiste:
A orientación é un deporte que ten como finalidade atopar
uns puntos determinados (balizas) no terreo con axuda dun mapa, unhas pistas e
unha brúxula. A orde en que se percorren as balizas é libre, de forma que cada
corredor deseña o seu propio percorrido. O número de balizas, a lonxitude do
percorrido (ou extensión do terreo utilizado) e a dificultade do terreo
(costas,monte, obstáculos naturais, etc.) son variables e elíxense en función
do nivel dos participantes.
O obxectivo da carreira é completar o percorrido (pasar por
todas as postas) no menor tempo posible valéndose tan só da información
achegada polo mapa e en todo caso coa axuda da brúxula como instrumento de
apoio para orientar o mapa ou a nós mesmos.
As balizas teñen algún sistema de sinalización para
localizalas cando estamos xa preto delas (o oficial son uns cadros ou unhas
bolsas de cor branca e laranxa), así como outro sistema para marcar o cartón ou
pinza que o corredor introduce en cada baliza e entrega unha vez que chegue a
meta .Desta forma a clave de cada baliza garante que o corredor pasou polas
balizas e que ademais foi capaz de identificalas con respecto ao mapa.
Estas son algunhas das fotos da carreira do pasado sábadado en Guitiriz. Aínda que ningún de nos conseguiu levar ningún premio pasámolo moi ben e foi unha boa experiencia que esperamos volver repetir.
A característica principal desta especialidade é a de superar unha serie de obstáculos que están debidamente reglamentados na distancia de colocación e na da altura. O obxectivo será pasar estes obstáculos coa menor perda posible de velocidade no paso de cada obstáculo, polo que o atleta debe dispoñer dunha gran velocidade e dun gran dominio da técnica do paso de valla, onde se procurará que o centro de gravidade do atleta teña a menor variación vertical posible. O perfecto dominio da técnica facilitará que o atleta teña unicamente o gasto enerxético mínimo.
As carreiras de vallas corresponden a probas de velocidade: 100 e 110 metros na velocidade curta e a de 400 metros á velocidade longa, polo que a súa execución terá lugar na recta de chegadas no caso dos 100 e 110 metros vallas e en todo o anel da pista no caso dos 400 metros vallas.
Saída
O vallista deberá ter todas as consideracións técnicas dos corredores da mesma proba sen vallas, aínda que hai pequenos matices que deberá ter presentes por ter o condicionante dos obstáculos a superar. Polo xeral todos os corredores teñen oito zancadas ao primeiro valo.
O vallista deberá ter unha gran capacidade para desenvolver unha gran velocidade, que no caso de 110 metros será de 13,72 metros e en tan só oito pasos. Hai que ter presente que o atleta inicia o ataque a primeira valla cando se atopa a dous metros da mesma polo que estes pasos deben ter unha serie de características:
- A lonxitude dos pasos incrementarase ata o sétimo
- O oitavo paso deberá ser lixeiramente máis curto que o sétimo.
No cuarto paso, o tronco deberá xa conseguir a posición de carreira. Esta situación fará que ocorredor poida observar a primeira valla antes de estar encima dela.
Ataque a valla
O tempo que transcorre desde o último paso previo a valla ata que o pé entra en contacto co chan unha vez realizado o pase por encima da mesma, debe transcorrer da forma máis rápida, sen que haxa perda de velocidade. Para que isto poida lograrse é necesario que o vallista realice unha técnica depurada e a gran velocidade. O atleta debe deixar unha distancia entre o último apoio e o valo para que a técnica poida ser o máis correcta posible, concretamente entre 1,90 e 2,00 metros. Esta distancia non adoita variar a pesar das categorías ou das circunstancias do vallista, atopándose unicamente variacións non significativas.
A superación do valo esixe unha elevada enerxía e alta da perna de ataque flexionada co muslo cara adiante e cara arriba, o cal coincide cun aumento da inclinación da carreira. A continuación envolve a valla tomando rapidamente contacto co chan, cadeiras sobre a vertical do pé, case sobre as xemas dos dedos, tobillo en tensión e rodilla estendida, todo o cal favorece a continuación da carreira.
Perna de ataque
Esta perna sobe flexionada á fronte ata que a rodilla alcanza a altura da cadeira, momento no cal pendula cara atrás.
A perna esténdese pero non se bloquea pola rodilla e no momento que o pé se sitúa sobre a valla, realiza un movemento envolvente de arriba-abaixo buscando o chan con rapidez co que toma contacto de metatarso.
Perna de impulso
Unha vez finalizado o impulso a perna déixase arrastrar, momento a partir do cal describe un movemento circular e lateral pasando paralela ao chan sen apresurar a súa acción, de tal modo que cando a outra perna toma contacto co chan, esta mantense algo ao costado, formando neste momento, un ángulo aproximado de 90 graos co tronco.
Acción do tronco
O tronco incrementa a inclinación unha vez que se inicia o ataque a valla, coincidindo a máxima inclinación cando se estende completamente a perna de ataque e a separación do chan da perna de impulso.
Todas as accións desenvolvidas durante o pase a valla, que comeza no ataque da valla, co esforzo que leva a subida do muslo e a súa posterior extensión, o empuxe coa perna de impulso e a inclinación do tronco, non deben provocar que o resultado leve unha elevación excesiva das cadeiras; pola contra o atleta realizará o pase da valla coa mínima elevación das cadeiras.
O corredor deberá ter a idea de avanzar o tronco na dirección da marcha cuxa flexión levará unha correcta caída tras a valla. A cabeza non se deberá forzala cunha acción cara ao chan, que levaría ou resultado contrario ao desexado como a perdida de equilibrio. A cadeira deberá levar unha traxectoria que se apartará o menos posible da liña de carreira.
Acción dos brazos
Seguirán a acción das pernas. Son, como nas carreiras lisas, factores equilibrantes e coordinativos, nesta ocasión na acción do voo, permanecendo ambos diante do corpo na fase de ataque. O contrario á perna de ataque adiántase como tentando tocar a punta do pé da perna de ataque que nese momento esténdese, lixeiramente flexionando polo cóbado, e a palma volta cara abaixo. O outro brazo, flexionado no cóbado, leva algo cara atrás, ata que a man e o cóbado formen unha liña co tronco. Estender o brazo cara a un lado ou cara atrás é un grave defecto.
Acción entre valla e valla
Nas carreiras curtas de vallas, realízanse tres pasos entre valla e valla e á máxima velocidade posible co fin de atacar sempre coa mesma perna. Por iso é necesaria unha correcta proporción e lonxitude de cada un dos pasos entre valla e valla, que influirá sobre a velocidade da carreira.
Final
Unha vez pasada a última valla, o atleta fará o máximo esforzo en percorrelo no menor tempo posible, diminuíndo se é preciso a amplitude dos seus pasos.
Aqui vos deixo este video, de un gran atleta: Guy Drut
Todos os luns imos a piscina onde realizamos e aprendemos diferentes estilos de nadar como: braza, espalda, crol e mariposa. Asi que hoxe falarei un pouco sobre estes catro estilos de natación.
Braza
Neste estilo, o nadador flota boca abaixo, cos brazos pauntando de frente, as palmas voltas, e executa a seguinte secuencia de movementos
horizontais: ábrense os brazos cara atrás ata quedar en liña cos hombros, sempre encima ou debaixo da superficie da auga. Encóllense as
pernas para aproximalas ao corpo, cas rodillas e os dedos dos pés cara a
fóra, e logo estíranse cun impulso á vez que os brazos volven ao
momento de partida, momento no cal comeza de novo todo o ciclo.As brazadas deben ser laterais, non
verticais.
Espalda
Este estilo é esencialmente libre, só que o nadador flota coa esplada na auga.Consiste nunha acción alternativa dos brazos e das pernas: un brazo no aire coa palma da man cara a fóra saíndo de debaixo da perna, mentres o outro impulsa o corpo na auga.
Crol
Este estilo consiste en que un dos brazos do nadador móvese no aire coa palma cara abaixo e o codo relaxado, mentres o outro brazo avanza baixo a auga. Realizase un movemento alternativo das cadeiras arriba e abaixo coas pernas relaxadas, os pés cara a dentro e os dedos en punta. Por cada ciclo completo de brazos teñen lugar de dous a oito patadas oscilantes. Neste estilo é moi importante respirar do modo adecuado.
Mariposa
O estilo mariposa é un estilo de natación no que os dous brazos van xuntos de frente por encima da auga e logo cara atrás ao mesmo tempo. O movemento dos brazos é continuo e sempre vai acompañado dun movemento ondulante das cadeira. As pernas van simultaneamente cara abaixo e cara arriba, é dicir, coas dúas
pernas xuntas e á vez, sendo a acción cara abaixo a que proporciona a
propulsión.
Estos días estivemos realizando prácticas de atletsimo nas pistas. Fixemos diferenteas tipos de exercicios ,entres eles estivemos observando como corrian os nosos compañeiros. O que puiden ver e que non todos corremos do mesmo xeito ,cada un faino de diferente forma ,por exemplo ; algúns corren inclinados hacia adiante ,outros hacia atrás. A posición dos brazos tamén varia ,uns levan os brazos moi arriba outro moi abaixo e incluso aslgún empeza a correr cos brazos cara atrás. Isto foi o que observamos e pouco a pouco intentaremos melloralo.
Tamen estivemos utilizando os tacos , o principio resultounos algo complicado colocalos de forma que nos fose mais cómoda para iniciar a saída ,xa que a disatancia entre eles non é para todos igual.
A saída consiste en que, ás ordes de un xuíz de saídas os atletas deben tomar as súas posicións .Coa voz de
"os seus postos"os corredores terán os dous pés tocando os tacos , terán unha
rodilla tocando o chan e as dúas máns colocadas detrás da liña de saída , cando todos esten colocados nos seus postos o xuíz da a voz de "listos" ,
os atletas tomaran a súa posición definitiva de saída e permanecerán
inmóbiles ata que se produzca a saída.
Agora vou falar un pouco sobre a carreira e salto de vallas , a cal tamén estivemos practicando estos días na clase.
Ás carreiras de vallas son carreiras de velocidade nas que o atleta debe pasar unha seria de obtáculos neste caso vallas. Para a categoria masculina existen os 110 metros vallas , e para a femenina os 100 metros vallas. Tamén existen os 400 metros vallas , tanto para homes como para mulleres.
Para pasar a valla os corredores deberan ter unha perna adiantada e
estirada ,chamada perna de ataque ,a outra perna debe estar flexionada e
co tobillo en tensión. En canto o tronco a medida que actúa a perna de ataque, vaise inclinando sobre ela, compensando así a súa elevación e favorecendo a búsqueda rápida do chan unha vez sobrepasada a valla. A acción do brazo contrario a perna de ataque, é a de elevarse e extenderse mais cando o pé se situa sobre a valla.