domingo, 18 de mayo de 2014

O Courel


Este pasado xoves e venres, fumos facer senderismo a serra do Courel.

Contareivos una pouco sobre a serra do Courel.

A serra do Courel é unha cordilleira montañosa situada no sueste da provincia de Lugo, estende polos municipios da Bisbarra do Courel: Folgoso do Courel, na súa maior parte, Quiroga e Pedrafita do Cebreiro. Ten unha extensión de 21.020 hectáreas con fortes variacións de altitude que van dende os 400-500 m do val do río Lor a máis de 1600 m nos puntos máis altos como Montouto, Formigueiros (1643 m) ou o pico de Pía Páxaro (1610 m). 




Natureza e Fauna


A serra do Caurel alberga a maior xoia natural de Galicia, a Devesa dá Rogueira, un bosque autóctono, onde convive a práctica totalidade das especies vexetais naturais de Galicia que non teñen ámbito costeiro, destacan os castiñeiros, acivros, teñas, teixos, carballos e bidueiros e orquídeas salvaxes, pero pola bisbarra é tamén posible encontrar especies como aciñeiras, sobreiras, mesmo algunha oliveira máis vinculadas ao clima mediterráneo, algunhas delas tamén con presenza na Devesa dá Rogueira.


A nivel de fauna, a zona se condiera un area secundaria da fauna cantábrica, onde se manifesta desaparición das especies máis significativas(lobo e oso) durante o século XX, se ben se encontran ocasionalmente trazas de que esas especies visitan a bisbarra sen chegar a establecerse de xeito habitual. Na serra pódense atopar moitos corzos e sobre todo jabalís. A nivel piscícola, a calidade das augas da bisbarra permite a cría de troita branca.

 


Historia e xeografía


A xeografía da propia serra vai vinculada á súa historia, así o pico de Pía Paxaro, debe o seu nome a que foi encontrada no seu cume unha aguia metálica da época imperial romana, non obstante os traballos arqueolóxicos realizados na zona son de escasa importancia ao tratarse dun enclave moi retirado das grandes rutas comerciais romanas, existe a poucos minutos da aldea de Romeor un primitivo acueduto da época romana, tamén están ben documentadas algunhas explotacións auríferas da mesma epoca. As construciones etnoloxicamente importantes son as pallozas, se ben resultan a día de hoxe escasas. Existen aínda algunhas antigas pontes de madeira cruzando amplos rios que deberían ser restaurados para a súa conservación.


A nosa saída o Courel

Chegamos o Courel o xoves a mañán , emprendimos a nosa marcha cara a punta Louseira dos Carris. Estivemos anadando ata as tres da tarde facendo, pequenos descansos. Despois paramos a comer e seguimos a nosa camiñata ata media tarde. En total andariamos uns 18 km.

Chegamos o camping de Seone do Courel onde pasariamos a noite. Descansamos un pouco e deseguido fumos o rio, a pesar de que auga estaba moi frio houbo algún atrevido que se bañou.




Despois fumos para os bungalows a ducharnos e a descansar , algún subiron a Seoane, o pobo o que pertence o camping, pero outros decidimos quedarnos no camping descansado.

 
























As oito e media servironnos a cea. Despois de cear cando se fixo algo de noite , realizamos xogos de campamentos.  A verdade que o pasamonos moi ben xogando a estes xogos , un dos que máis me gustou foi o do escondite inverso: todos pandábamos e un tiñase que esconder , e unha vez que encontrábamos o que se esconderá tiñaste que esconder con él , ata que só quedara unha persoa. O que se escondeu foi Álvaro e estivemos buscando del pero foi imposible atopalo.
Despois estivemos contando uns contos e rindonos un pouco, pero logo nos fumos durmir xa que o día seguinte as nove habiase que levantar.
O venres a maña levantamonos cedo estivemos recollendo as habitacións que logo fumos almorzar para volver emprender outra camiñata , esta vez non tan larga. Andivesmos ata cerca da unha do mediodia e logo estivemos tomando algo por Seoane. Despois baixamos xantar o camping e logo xa nos viñemos para Lugo.
A verdade é que foi unha excursión que me gustou moito,  paseino moi ben e coñecin o Courel. Acabei moi cansada xa que tivemos que andar moito pero non me arrepinto xa que a espereincia valeu a pena , ademáis tivemos a sorte de que nos fixo moi bo tempo. Espero volver pronto a esta serra.



















miércoles, 14 de mayo de 2014

Análisis metodolóxico de unha sesión de atletismo


Nesta entrada vou relizar unha análisis metoldolóxico sobre a sesión de atletismo que realizaron Nair , Amalia e Rocio, sobre os saltos horizontais. Primeiro falarei da sesión que realizaron.

Sesión

Quencemento (8-10 minutos) Pistas de atlestimo

- Correr durante 3 minutos polas pistas.
- Movilidade articular ( tobillos, rodillas, cadeira, hombros, muñecas... )
- Realizar saltos a pés xuntos e logo cambiando de pé.
- Estiramantos

Parte principal ( 20-25 minutos)

Pistas de atletismo

1º Exercicio

- Entre unha distancia entre conos de 15 metros relizar segundo de triple salto.

2º Exercicio

- Duas repeticións de saltos de lonxitude na colchoneta a pes xuntos e movemento de brazos.

3º Exercicio

- Colocar no foso de area tres aros de cada lado para poñer cada pé nun aro e relizar un triple salto.

Parque Rosalía de Castro

4º Exercicio

- Carreira de tres en cunclillas hacia adiante e hacia atrás en costa.

5º Exercicio

- Carreira a pasos largos en costa, o último en chegar tería un "castigo".

Volta a calma. Pistas de atletismo

- Realizariase unha carreira de relevos pero por diversas razón non se levou a cabo.
- A sesión finalizou cuns estiramentos.


Análisis metodolóxico da sesión

O obxectivo desta sesión é mellorar a capacidade física para relizar os saltos horizontais.

Esta foi a primeira sesión que relizamos de atletismo. Foi unha sesión ben realizada en xeral. Tiñan organizada a sesión, que parte explicaría cada unha e tiñan organizado o material que ían utilizar. Polo que duranta a sesión levaron unha metodolía dirixida. Cada unha das técnicas explicou unha parte da sesión. O principio resultoulles algo difícil captar a atención dos alumnos, pero a medida que se foi desenvolvendo a sesión foron capaces de captar esa atención.

A primeira parte da sesión foi o quencemento, penso que foi bastante curta e que deberián realizar máis exercicios sobre todo dinámicos, xa que resultan máis entretidos para os alumnos.
Na parte principal os exercicios que escolleron estaban ben xa que ían do xeral o específico. Pero deberían haber mais repetición nos exercicios.

As técnicas correxían algun dos fallos que se realizaban nos exercicios, pero tamén deberían motivar os alumnos cando os realizaban ben.

No exercicio no que se utilizou a colchoneta, sería mellor que en vez de a ver só unha fila ou vera mais para que os alumnos non estiveran tanto tempo parados.
No exercicio do foso de area, as técnicas tiñan que ter antes preparado o foso para non perder tempo e ter os alunmos esperando.
Pola contra os exercicios tanto da colchonete como do foso estaban moi ben.

Os exercicios de carreiras en grupo, os grupos estaban ben feitos xa que máis ou menos tiñan as mesmas cualidades. Pero en canto os castigos que se impoñian, deberían descartalos xa que motiva os que gañan pero desmotiva os que perden. É algo negativo xa que perxudica os que teñen peor condición física. É máis recomendable recompensar os alumnos que castigalos.

Durante a sesión houbo unha flexibilidade de modificación, por exemplo na volta a calma eliminaron un dos exercios que tiñas pensado realizar.

E por último falar dos espazos que se utilizaron, ir o parque realizar unha parte desta sesión estivo ben pero perdeuse bastante tempo, despois a os alumnos costoulles algo máis volver captar a atención do técnico.
Por outro lado gustoume a idea de ir o parque xa que utilizaron outro tipo de espazo que non se soe utilizar a miudo, e isto é algo bo en canto a motivación dos alumnos.

Para concluir, dicir que en xeral a sesión estivo ben baixo o meu punto de vista, tiveron moitos aspectos positivos que nos poden aportar o resto dos grupos. Noutros puntos trerían que mellorar, pero iso conseguese a base de práctica e igual que elas nos servirán de axuda para impartir as nosas sesións nos a elas esperamos tamen servirlles para que poidan mellorar eses aspectos que teñen máis frouxos.

sábado, 10 de mayo de 2014

Aquafitness


Unha forma de adelagazar , mellorar a musculatura e gañar capacidade de movemento mentres nos divertimos na piscina é o aquafitness.

Este deporte, que tamén se coñece como aquagym, é unha variante do popular aeróbic que atestou as salas dos ximnasios na década dos 80 da man das famosas Jane Fonda ou, en España, Eva Nasarre. A novidade: agora practícase dentro da auga o que o fai moito máis completo.


Neste sentido, o aquafitness consiste na realización de diferentes tipos de exercicio dentro dunha piscina con pouca profundidade, aínda que é aconsellable que teña diferentes profundidades para poder alternar un maior número de exercicios. E é que, dentro da auga temos unha gran vantaxe que non nos pode achegar unha sala de ximnasio convencional ou a nosa propia sala de estar na casa, que non é outra que a de volvernos máis liviáns debido á flotabilidade no medio acuoso. Debido a isto, teremos a capacidade de facer exercicios con menos risco, porque o impacto que reciben as articulacións é moito menor. Aínda que o esforzo sexa maior, podemos conseguir movementos máis suaves e precisos por poder realizalos máis detidamente e, polo tanto, o éxito do exercicio é maior que fóra da auga.

O aquafitness naceu como un exercicio pensado para persoas maiores cunha mobilidade máis reducida; así, servía de terapia para mellorar aspectos psicomotrices que, coa idade, se van perdendo debido ao desgaste dos ósos e á perda de tono muscular. Non obstante, calquera que completase unha sesión de aquafitness actual non pode dicir que é un deporte para xente maior, xa que é duro de realizar aínda que moi reconfortante. Loxicamente, o aquagym foi variando cos anos dende esa terapia psicomotriz e, hoxe en día, é perfecto para todas as idades, posto que se pode adaptar sen problemas á capacidade física dos participantes. 

O éxito do aquafitness radica na combinación de dúas características que resultan moi atraentes e beneficiosas. En primeiro lugar, o feito de que se realice na auga a unha temperatura que oscila entre os 28ºC e os 31ºC fai que a temperatura do corpo se vaia regulando e a nosa sensación corporal sexa moito máis agradable, á vez que os movementos na auga nos fan sentir máis cómodos e, mesmo, nos relaxan. Ademais, o feito de escoitar música mentres se realiza o deporte provoca que nos divirtamos máis facendo o exercicio e, mesmo, socialicemos con máis facilidade.


En principio a práctica do aquafitness é adecuada para todas as persoas sen importar a idade, a capacidade física nin o tono muscular, posto que se pode realizar con maior ou menos intensidade. Ademais, o feito de que haxa diferentes variedades con distintos niveis de esixencia fai que poidamos elixir o máis axeitado para cada un de nós.

Non obstante, se sufrimos algún tipo de enfermidade ou lesión debemos consultar un especialista para que nos alerte sobre os posibles riscos da súa práctica na nosa situación particular. O noso médico explicaranos que tipo de exercicio físico é o máis indicado segundo o noso estado de saúde e, se é necesario, determinará a idoneidade de realizar unha proba de esforzo, sobre todo no caso de pacientes con problemas cardíacos.

  


 

sábado, 3 de mayo de 2014

Lanzamento de peso e de disco


Nesta entrada realizarei un breve reumo sobre as técnicas de lanzamento, que aprendimos nas clases que impartiron os nosos compñeiros. Falerei da técnica de lanzamento de peso e de disco, xa que da técnica de jabalina xa falei anteriormente.

Lanzamento de peso

A clase de peso foi impartida por Tamara a cal nos explicou o seguintes aspectos da técnica:

Posición de partida: o lanzador de be de estar de costas á dirección do lanzamento.

Posta en acción: danse como uns pequenos "saltos" cara atrás arrastrando o pé adiantado.

Lanzamento: vírase o corpo en dirección ao lanzamento e o brazo co que se lanza queda en extensión.

Recuperación: recuperar o equilibrio quedando os pés en paralelo e os brazos atrás.


Lanzamento de disco

Neste lanzamento tivemos de profe a Amalia e explicounos o seguinte sobre a técnica:

Agarre e posición de saída: man aberta completamente agarrando o disco coa última falanxe. Hai que colocarse no extremo do círculo de espaldas á zona de lanzamento e coas pernas á altura dos hombros.

Movementos previos: consiste en romper a inercia do disco.

Xiro inicial:  co peso apoiado por igual no corpo realizar balanceos e cando o disco este atrasado e o outro brazo á altura cos hombros  realizamos unha torsión de tronco e aí é cando se realiza o xiro.

Apoio do pé dereito e esquerdo: realízase como un novo xiro.

Final: lánzase o disco cunha acción da muñeca e o dedo índice e unha vez que soltamos o disco o lanzador debe centrarse en non perder o equilibrio para non saírse do círculo.


viernes, 21 de marzo de 2014

Beneficios da natación


O exercicio baseado na natación é altamente recomendable en pacientes con problemas cardiovasculares. Dentro dos distintos estilos, a braza é o que máis beneficia ao cardiópata sempre que o realice dentro das súas limitacións. A natación debe practicarse de forma regular para que se poidan manter os efectos positivos da súa práctica.

A natación está recomendada en pacientes con problemas cardiovasculares ao ser un deporte dinámico. Este tipo de exercicios dinámicos caracterízanse porque neles móvense grandes masas musculares, realízanse de forma prolongada e utilízase o metabolismo aeróbico, baseado no achegue de osíxeno inhalado mediante a respiración para a obtención da enerxía, a diferenza do metabolismo anaeróbico.

En primeiro lugar, o paciente debe coñecer a patoloxía que padece e coñecer as limitacións que implica a súa cardiopatía antes de iniciar un programa de adestramento baseado na natación ou calquera outro deporte aeróbico. Para iso, debe someterse a un recoñecemento cardiológico previo co fin de coñecer o seu límite, xa que o exercicio debe realizarse dentro dunha banda de seguridade, que non debe superar en ningún momento o 85 por cento da frecuencia cardíaca máxima.

En natación, débese vixiar especialmente a técnica, porque se non se coordinan ben os exercicios respiratorios cos movementos de cada estilo, o exercicio pode non achegar os beneficios perseguidos.

Cando fai moita calor, o paciente con problemas cardiovasculares debe ser especialmente coidadoso, xa que é especialmente sensible aos cambios bruscos de temperatura.


Estilos recomendados

A especialidade máis aconsellable é a braza, xa que nela móvese un maior número de músculos. Mariposa é o estilo menos recomendable, ao ser o de maior dureza e o que esixe maior técnica.

En calquera caso, sempre é preferible realizar sesións menos intensas e máis frecuentes. Expertos recomendan nadar cinco veces á semana entre 20 e 40 minutos de duración. Se non se pode acudir con esta frecuencia á piscina, o nadador pode substituír este deporte por outro tipo de exercicios aeróbicos, como camiñar, correr a un ritmo suave ou montar en bicicleta.

As catro semanas de comezar o programa de adestramento, o paciente empeza a notar os beneficios, xa que diminúe a tensión arterial e a frecuencia cardíaca, co que se pode realizar o mesmo exercicio cun gasto menor. Transcorridas 12 semanas, conséguese a máxima adaptación á intensidade a que vén realizando o exercicio, polo que se pode ir empezando a aumentar o ritmo.

Para manter os beneficios da natación o adestramento non debe interromperse nin abandonarse. As catro semanas de abandonar o exercicio o paciente só mantén entre o 30 e o 40 por cento do que conseguira, e as oito semanas volve estar tal e como empezou.

miércoles, 5 de marzo de 2014

Competición de salvamento acuático

O pasado luns estivemos prácticando na piscina as probas da competición de salvamento acuático, o que nos imos presentar moitos de nos en breves.

A competición costará de varias probas, unha individual femenina e outra masculina, onde os participantes terán que nadar 25 metros a crol e volver remolcando un moneco outros 25 metros. Antes de empezar a proba os participantes seran os encargados de encher o moneco de auga para que non flote.

A outra das probas é a de equipo, cada equipo constará de 4 participantes, dúas rapazas e dous rapaces. A proba consiste en que o primeiro debe relizar 25 metros de buceo con aletas, o segundo fará 12,5 metros a crol e 12,5 metros remolcando un boneco, o terceiro membro do equipo remolcará o boneco 25 metros, e por último o cuarto participante nadará 25 metros a crol.






sábado, 22 de febrero de 2014

Clase de jabalina

Hoxe falarei sobre as clases de lanzamento de jabalina que recibimos esta semana o meu grupo, na que a profe desta vez foi Lorena, así como anteriomente o foran Amalia explicando o lanzamento de disco e Tamara co lanzameneto de peso.

A sesión de jabalina durou duas clases nas que realizamos o seguinte:

Como no resto de lanzamentos empezamos cun quencemento xeral e seguidamente cun específico. A continuación relizamos algúns exercicios especícos sobre o lanzamento de jabalina:

Empezamos co agarre, a nosa profe esplicounos que hai diferntes tipos de agarre e que podiasmos elexir o que nos resultase máis cómodo. Os tipos de agarre son os seguintes:

- Agarre co dedo medio e o pulgar: O lanzador envolve a jabalina co dedo medio e pulgar rodenado ata a empuñadura co resto da palma da man, o dedo índice colocase por debaixo da jabalina e tomando o borde da empuñadura.

- Agarre cos dedos índice e pulgar: O lanzador abarza o corpo da jabalina cos dedos índice e pulgar, rodeanado ata a empuñadura e logo envolvéndoa con toda a man.

- Agarre de tenaza: Cóllese a jabalina entre os dedos índice e anular, rodease ata a empuñadura e envolvese con toda a palma da man.



Despois de ver os agarres e de realizar varios exercicos, con picas e pelotas sen usar inda a jabalina , pasamos a ver as fases do lanzamento.

1. Fase inicial 
Suxeitamos a jabalina de calqueira das tres maneiras que vimos anteriormente, a jabalina situarase paralela o suelo coa punta cara abaixo, o brazo portador da jabalina e moi importante que este aberto e flexionado polo codo mentres o outro brazo realiza un movemento de carreira.

2.Carreira
O obectivo desta segunda fase é alcanzar a maior velocidade posible para poder relizar un xesto final de maior potencia, é moi importante que a carreira sexa progresiva mirando cara a zona de lanzamento.

3. Pasos finais
Esta fase dividese en cinco fases máis:

1º Paso
Realizase chegando coa perna esquerda, adiantantaremos as pernas o tronco o tempo que empezmos a levar o brazo que suxeita a jabalina cara atrás.


2º Paso
Realizase coa perna dereita, seguese levando a jabalina cara atrás donde a punta debe situarse a altura da nosa cara.

3º Paso 
Relaizase coa perna esuqerda, a jabalina seguirá como nos dous primeiros pasos, cara atrás coa palma da man cara arriba. A jabalina alinease cos hombros.

4º Paso 
Este paso debe ser largo pero non lato , a perna dereita cruza a esquerda por riba da rodilla, a cadeira , a jabalina e os hombros estarán alienados de forma paralela mentres que o brazo portador da jabalina estará estendidio cara atrás.

5º Paso 
A perna e a cadeira irán cara adiante. O tronco estará arquedo cara atrás donde o final as cadeiras empuxan o tronco cara arriba e adiante. O tronco arrastra o hombro derito e este o codo, o codo colocarase o frente arrastrando tras del o antebrazo a man e ajabalina, realizando este paso en dobre apoio.



 4.Recuperación
Unha vez lanzada a jabalina o corpo continua cun movemento cara adiante, a perna do brazo libre sairá cara adiante para amortiguar o impulso, mentres que a outra perna manterá o equilibrio flexionando as rodillas e cadeiras, intentando evitar que saia do arco reglamentario.

Todas estas fases as relizamos mediante exercicios que Lorena nos ía explicando utilizando diferentes materiais. Na segunda sesión xa empezamos a utilizar a jabalina e a realizar lanzamentos.
A verdade é que o lanzamente de jabalina xunto co de peso foi un dos lanzamentos que máis me gustou dos que vimos ata agora.